Santa Comba será esta fin de semana a capital galega do automobilismo co Rallymix

Pilotos como Javier Pardo e Antonio Otero estarán no Rallymix Santa Comba 2015

Está Santa Comba lista para o gran I Rallymix Terra do Xallas. Un evento que, xunto ca aposta polo Autocross, sitúa a Santa Comba como a capital do automobilismo no 2016.

Os grandes da disciplina estarán na proba xalleira como Javier Pardo, Celestino Iglesias, Abel Jurado, Tino Iglesias, Antonio Otero, Perfecto Otero… na que participarán un total de 40 coches verdadeiramente auténticos.

A cita será esta fin de semana de 26 e 27 de setembro nunha proba que combina a velocidade en terra e asfalto. Serán 3 pasadas o sábado e dúas o domingo polo mesmo tramo, un percorrido de 13,500 Kms., dos cales 11,200 Kms. corresponden a un treito cronometrado por pistas de terra/asfalto de titularidade municipal, e os restantes 3 km son neutralizados, todos eles pechados ó tráfico.

Chámanlle a esta disciplina o automobilismo “lowcost”, pero o espectáculo está garantido.

Os coches concentraranse no recinto feiral e este será o percorrido:

Así o presentaban publicamente:


Así saúdan varios dos pilotos que estarán en Santa Comba:


E aquí unh aproba de tramo “on board”:


Máis información

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).