SCD Malpica e UD Cerqueda afrontan con diferente motivación o derbi malpicán

Raul Periscal e Repi chegan ao derbi malpicán a fronte do Cerqueda e do Malpica Este domingo hai un sempre vivido derbi malpicán. SCD Malpica e UD Cerqueda enfróntanse na Pedra Queimada nun momento bastante tranquilo. Sen nada polo que competir, os dous equipos chegan con só 3 puntos de diferencia a favor do Malpica, loitando, iso seguro, por unha máis que meritoria 6ª praza. Falamos cos dous adestradores para ver como pulsan o derbi. Repi asumía o mando do timón do barco malpicán a mediados de decembro do ano pasado, mentres que Raúl Periscal está protagonizando unha temporada máis que satisfactoria nesta primeira temporada da volta a casa. En todo caso parece que as gañas duns e outros con respecto ao derbi son diferentes.

Repi

  • QPC: Notades a tensión dun derbi entre os dous clubs?
REPI: Pois a verdade non a notei, para nós é un partido como outro calquera, non vexo aos xogadores extramotivados nin nada. Para nós parece que os choques cos partidos de arriba son derbis, como co Buño, Ponteceso… Ademais, nós xa practicamente non nos xogamos nada, e faise complicado competir a estas alturas, a moitos xogadores fáltase ese aliciente, e así se notou a semana pasada na Ponte do Porto, onde levamos unha dura derrota. Intentaremos que non volva pasar e acabar ben o curso.  
  • QPC: Que teclas tiveches que tocar para enderezar o rumbo?
REPI: Aínda quedaba moito, había cambiar a dinámica, que a xente intentara ir máis adestrar, ter máis compromiso, e foron chegando pouco a pouco os resultados a base de traballo. Tiñamos que tirar todos do barco, e se non non iamos ir a bo porto.  
  • QPC: E a tenor dos resultados parece que o conseguiches, non?
REPI: Máis ou menos. O equipo foi respondendo pouco a pouco, dentro das dificultades que tiñamos, que moita xente non pode ir adestrar… Pero a xente foise implicando, fomos saíndo da zona perigosa e nos puxemos na zona onde deberíamos estar, sen pasar apuros e sendo un equipo competitivo en cada partido.  
  • QPC: Dende a túa chegada o Malpica non sumou nin un só empate? Es de todo ou nada?
REPI: Intentamos sempre ir polos 3 puntos, nunca nos conformamos co empate, e somos ambiciosos, queremos crear moitas ocasións, que o equipo teña ambición e pegada, que non nos conformemos con non perder. Somos un equipo que se podemos levar a iniciativa, levámola. E se podemos ser verticais, mellor. E se podemos chegar en dous toques, mellor que en tres. Mellor chegar moitas veces que só dúas. Sempre corres un risco pero a dinámica é esa. Algún partido ser demasiado atrevidos custou algún punto, pero desas cousas tamén se aprende.  
  • QPC: Tes baixas importantes?
REPI: Esperemos que hoxe no adestramento se vaian recuperando. A semana pasada tivemos 5 ou 6, pero xa é o habitual. Moi poucos partidos fomos 16 equipos, e ao non ter xuvenís costa sempre facer convocatoria. Xa estamos acostumbrados.  
  • QPC: Fas unha porra?
REPI: Que gane o Malpica. Váleme pola mínima! Intentaremos sacar un resultado bo, darnos unha alegría. Con tal de gañar firmo calquera cousa.  

Raúl Periscal

  • QPC: Notades a tensión dun derbi entre os dous clubs?
RAÚL: Si, nótase. Para nós é un día marcado no calendario. É verdade que agora hai unhas relacións institucionais moi boas entre os 3 equipos. Co Buño temos unha relación boísima, e co Malpica restableceuse a normalidade nas relacións. Pero é certo que para nós os partidos co Ponteceso e Malpica (se cadra máis que co Buño, que desexamos que se salve), vivímolos cunhas gañas brutais. E pensando no domingo, a posibilidade de quedar por diante deles ao final da temporade é moi bonita e intentarémolo.  
  • QPC: Cres que hai máis gañas en Cerqueda que en Malpica polo partido?
RAÚL: Pode ser, que haia máis rivalidade no noso equipoi que no deles. Eles xa cumpliron o obxectivo, pero nós, ao sermos moitos da casa, si que esperamos este partido con ilusión. Ademais doenos moito o partido de ida e queremos resarcirnos. A nosa motivación será clave, é verdade que a nivel individual son mellores ca nós, non teñen e mesma motivación con respecto ao derbi, e iso fainos máis forte.  
  • QPC: Que valoras desta temporada no equipo? Que fixo que esteades tan ben colocados na táboa?
RAÚL: Somos un equipo moi competitivios, son xogadores moi competitivos. Non temos moitísima calidade técnica, pero temos unhas gañas e un orgullo que nos permite ser un equipo difícil de vencer. Non temos moito gol pero tampouco encaixamos. Ademais entrenamos moito, e nese sentido o traballo de Míchel é moi bo. Sinceiramente, temos máis puntos dos que merecemos por xogo, pero creo que temos moito marxe de mellora.  
  • QPC: Tes baixas importantes para o domingo?
RÁUL: As de todo o ano, menos Méndez, que estaba sancionado. Pero seguimos cos problemas de todo o ano. Martín, tibia e peroné; Dani Mato que se acaba de operar dunha rodillla; Manu Guillamet, dende a xornada 2 con problemas no nariz e aínda operado a semana pasada por un erro de diagnóstico… Tocará ir con 14-15 xogadores.    
  • QPC: Fas unha porra?
RAÚL: Eu creo que imos facer un 0-2, como na ida. Poñerémoslle un susto e pelexaremos por quedar diante deles.  

Máis información