Para quitar o mono

Volve o fútbol da Costa da Morte en case toda a súa extesión, co comezo da Primeira, a Liga da Costa e as competicións xuvenís; só unha remozada Terceira segue de 'vacacións'
O Corcubión é todo optimismo, como amosa Senra orgulloso co Trofeo Carlos Lojo Recollan as toallas, poñan a crema after sun e empecen a desfrutar do que realmente nos 'pon'. O espectáculo deportivo abandeirado da Costa da Morte, o seu fútbol, retorna nunha fin de semana todavía en modo sauna e con algúns proxectos aínda sen pecharse. Só a Terceira Autonómica, e algunhas competicións de base, están a aproveitar os últimos raios do verán. Foi decepcionante a avanzadilla da armada costeira na estrea de Preferente. Tres derrotas noutros tantos encontros e unha sensación de que por aí adiante corren, voan, e pagan moito e ben. Nunha liga tan axustada o factor psicolóxico é chave, polo que un segundo tropezo sería máis que contraindicado. O menú é cargadiño. O Soneira viaxa a Sada, onde agarda un rival histórico, e absolutamente novo e reconstruido, sen apenas futbolistas do ano pasado. Na casa xogarán o Sofán e o Xallas, ante os lucenses Chantada e Lemos. Ilusionados retornan a Primeira Autonómica Fisterra e Sporting Zas. Por Ara Solis pasará un dos clubes máis grandes da historia do fútbol galego, un Lalín que atravesa os seus momentos máis delicados, e que ata hai cinco anos nunca xogara máis abaixo de Terceira División. Pola súa banda, os de San Andrés debutan no difícil feudo dun Sigüeiro candidato a todo. O Dumbría tamén volve á categoría, e ademais é un dos grandes candidatos a deixala, rumbo ás estrelas. O Unión será unha boa pedra de toque. Piloño e Outes xa se coñecen mellor de coincidir o ano pasado. E mañá baixa o telón unha moi incerta Liga da Costa, cun Castriz-Corcubión no que os locais vanlle dar unha volta ao seu proxecto anterior, mentres que todo é ilusión nos branquiazuis, notables na súa pretempada. Destaca por enriba de todo na xornada dominical o dobre enfrontamento entre candidatos, co Mazaricos-Ponteceso e o Baio-Baíñas, cos vimianceses de novo soñadores. Na Pedra Queimada un Malpica finalmente moi competitivo recibe ao San Lorenzo, que estrea a Óscar Suárez, mito da entidade, no banco.  

Preferente Norte, xornada 2

 

1ªAutonómica, Gr.2, xornada 1

 

2ªAutonómica, Gr.2, xornada 1

 

1ªXuvenil, Gr.2, xornada 1

 

1ªXuvenil, Gr.3, xornada 1

 

Máis información