Deporte e Saúde con DáFIT: Ácido Láctico

  Se practicades algún deporte ou actividade física, seguramente escoitariades falar do ácido láctico: “só se produce durante a realización de exercicio”, “o ácido láctico é un residiu non desexado”, “é o ácido que produce as maniotas...” estas son ideas erradas como veremos a continuación. O ácido láctico é un composto orgánico que se produce de xeito natural no noso organismo, principalmente, nas células musculares e nos glóbulos vermellos. Sabemos que o corpo funciona como un laboratorio químico sen horario de peche. Un dos principais e máis coñecido é o metabolismo, proceso que xa mencionamos en anteriores artigos, mediante o cal os alimentos que inxerimos se transforman en enerxía (glicosa). Esta é emprega  polo  organismo como fonte de enerxía e como combustible para a glicolise ou metabolismo glicolítico. Consiste na degradación dos carbohidratos a ácidos por un proceso de fermentación, proceso no cal tamén intervén o osíxeno. O propósito do proceso de glicolise é a obtención de enerxía para todas as células do corpo. Nesta fase de transformación (onde se degrada a glicosa) ocorren diversas reacción nas cales a glicosa acaba convertida en dúas moléculas de piruvato (ácido piruvato). O piruvato é un elemento moi importante, pois é a sustancia clave para a produción de enerxía na célula (mitocondria). En ausencia de osíxeno e antes de entrar na mitocondria o piruvato pode converterse en ácido láctico. A produción de ácido láctico varía dunha persoa a outra, dependerá do seu adestramento e da intensidade do exercicio que realice. En resumidas contas,  o ácido láctico é producto do metabolismo, e non se xera só cando se está a realizar exercico, pois en repouso estase a reproducir  de xeito continuado ácido láctico no interior das células, no proceso de combustión dos hidratos de carbono para a obtención de enerxía. O organismo sempre ten pequenas cantidades de ácido láctico no sangue coñecido como lactato. O ácido láctico e a actividade física Cando realizamos un exercicio anaeróbico, levantar pesar ou correr a unha velocidade elevada, con moita intensidade e  pouca duración, prodúcese ácido láctico que é eliminado polo organismo. Pero no caso de continuar co mesmo exercicio a intensidade moi alta, é dicir, cando hai demasiada demanda de enerxía nos tecido musculares e non hai suficiente dispoñibilidade de osíxeno no sangue, o lactato prodúcese máis rapidamente que a capacidade dos tecidos para eliminalo. Ó corpo non lle da tempo a eliminalo e este comeza a acumularse, provocando acidificación das fibras musculares, tendo entre outras consecuencias: unha fatiga muscular. Pese a isto, certos estudos aseguran que o lactato non é o que causa a fatiga senón o hidróxeno que se produce xunto ao ácido láctico, pero si se pode dicir que está relacionado coa acidez. A sensación de fatiga ou “queimón” é un mecanismo de defensa do propio organismo para evitar o dano muscular. En relación con isto xustifícase a fatiga como  un fenómeno multifactorial, que se produce por diversas causas durante o exercicio: incremento da temperatura corporal interna, disnea (hiperventilación), hipoglucemia (exercicio prolongado durante máis de tres hora sen suplementación de carbohidratos, etcétera.), deshidratación, etcétera.
#Dafiter@s despois dunha dura sesión de adestramento en grupo En xeral, calquera esforzo realizado por encima dun consumo de oxíxeno específico e diferente para cada organismo fai aumentar o ácido láctico. Un bo adestramento favorece o transporte do ácido láctico a outro lugar (corazón, sangue...). Pequenos consellos para evitar a acumulación de ácido láctico durante o exercicio:
  • Manterse hidratado: diminuirán as posibilidade de almacenamento.
  • Adestramento regular: o necesitar queimar menos glicosa para a obtención de enerxía xerarase menos ácido láctico.
  • Descanso: para a recuperación muscular é fundamental.
  • Estiramentos despois dunha actividade física intensa: entre outras vantaxes axuda a aliviar a sensación de ardor  ou cambras que poida ocasionar.
  • Respiración regular: osixenaranse máis os músculos.
  • Cando se comeza a notar ardor nos músculos deberase diminuír a intensidade.
Recordamos:
  • O ácido láctico prodúcese cando se descompón a glicosa en ausencia de oxíxeno en exercicios anaeróbiocos (correr, ciclismo, etcétera.)
  • A acumulación deste no noso corpo evita que a enerxía chegue aos músculo provocando fatiga, contracción ou sensación de queimón e ardor.
  • Con exercicio e boa alimentación pode evitarse a acumulación.
Aproveitade o bo tempo para exercitar corpo&mente, boa semana!  

Sesións con Dafit

Máis información

Fonte

  • Enlace patrocinado.