Deporte e Saúde con DáFIT: Ácido Láctico

06:52 16/03/16
Se practicades algún deporte ou actividade física, seguramente escoitariades falar do ácido láctico: “só se produce durante a realización de exercicio”, “o ácido láctico é un residiu non desexado”, “é o ácido que produce as maniotas...” estas son ideas erradas como veremos a continuación.
O ácido láctico é un composto orgánico que se produce de xeito natural no noso organismo, principalmente, nas células musculares e nos glóbulos vermellos. Sabemos que o corpo funciona como un laboratorio químico sen horario de peche. Un dos principais e máis coñecido é o metabolismo, proceso que xa mencionamos en anteriores artigos, mediante o cal os alimentos que inxerimos se transforman en enerxía (glicosa). Esta é emprega polo organismo como fonte de enerxía e como combustible para a glicolise ou metabolismo glicolítico. Consiste na degradación dos carbohidratos a ácidos por un proceso de fermentación, proceso no cal tamén intervén o osíxeno.
O propósito do proceso de glicolise é a obtención de enerxía para todas as células do corpo. Nesta fase de transformación (onde se degrada a glicosa) ocorren diversas reacción nas cales a glicosa acaba convertida en dúas moléculas de piruvato (ácido piruvato). O piruvato é un elemento moi importante, pois é a sustancia clave para a produción de enerxía na célula (mitocondria). En ausencia de osíxeno e antes de entrar na mitocondria o piruvato pode converterse en ácido láctico.
A produción de ácido láctico varía dunha persoa a outra, dependerá do seu adestramento e da intensidade do exercicio que realice.
En resumidas contas, o ácido láctico é producto do metabolismo, e non se xera só cando se está a realizar exercico, pois en repouso estase a reproducir de xeito continuado ácido láctico no interior das células, no proceso de combustión dos hidratos de carbono para a obtención de enerxía. O organismo sempre ten pequenas cantidades de ácido láctico no sangue coñecido como lactato.
O ácido láctico e a actividade física
Cando realizamos un exercicio anaeróbico, levantar pesar ou correr a unha velocidade elevada, con moita intensidade e pouca duración, prodúcese ácido láctico que é eliminado polo organismo.
Pero no caso de continuar co mesmo exercicio a intensidade moi alta, é dicir, cando hai demasiada demanda de enerxía nos tecido musculares e non hai suficiente dispoñibilidade de osíxeno no sangue, o lactato prodúcese máis rapidamente que a capacidade dos tecidos para eliminalo. Ó corpo non lle da tempo a eliminalo e este comeza a acumularse, provocando acidificación das fibras musculares, tendo entre outras consecuencias: unha fatiga muscular.
Pese a isto, certos estudos aseguran que o lactato non é o que causa a fatiga senón o hidróxeno que se produce xunto ao ácido láctico, pero si se pode dicir que está relacionado coa acidez. A sensación de fatiga ou “queimón” é un mecanismo de defensa do propio organismo para evitar o dano muscular. En relación con isto xustifícase a fatiga como un fenómeno multifactorial, que se produce por diversas causas durante o exercicio: incremento da temperatura corporal interna, disnea (hiperventilación), hipoglucemia (exercicio prolongado durante máis de tres hora sen suplementación de carbohidratos, etcétera.), deshidratación, etcétera.
#Dafiter@s despois dunha dura sesión de adestramento en grupo
En xeral, calquera esforzo realizado por encima dun consumo de oxíxeno específico e diferente para cada organismo fai aumentar o ácido láctico. Un bo adestramento favorece o transporte do ácido láctico a outro lugar (corazón, sangue...).
Pequenos consellos para evitar a acumulación de ácido láctico durante o exercicio:

- Manterse hidratado: diminuirán as posibilidade de almacenamento.
- Adestramento regular: o necesitar queimar menos glicosa para a obtención de enerxía xerarase menos ácido láctico.
- Descanso: para a recuperación muscular é fundamental.
- Estiramentos despois dunha actividade física intensa: entre outras vantaxes axuda a aliviar a sensación de ardor ou cambras que poida ocasionar.
- Respiración regular: osixenaranse máis os músculos.
- Cando se comeza a notar ardor nos músculos deberase diminuír a intensidade.
- O ácido láctico prodúcese cando se descompón a glicosa en ausencia de oxíxeno en exercicios anaeróbiocos (correr, ciclismo, etcétera.)
- A acumulación deste no noso corpo evita que a enerxía chegue aos músculo provocando fatiga, contracción ou sensación de queimón e ardor.
- Con exercicio e boa alimentación pode evitarse a acumulación.
Sesións con Dafit
- Efecto EPOC ou Postcombustión.
- Novas tendencias culinarias.
- KickBoxing, para todas as idades!.
- Estiramentos… Si ou non?.
- Cales son as lesións máis frecuentes?
- Exercicio funcional para saber cargar pesos.
- Electrofitness con Dani Trillo.
- #DaFitKIDS.
- O bo, o malo e o feo? NON (Falamos do colesterol).
- Paciencia para recuperarse do Nadal.
- Os mitos da Alimentación.
- Para Maiores!.
- Hipopresivos & Isométricos.
- Bewater, my friend!.
- Maniotas, quen non as padeceu algunha vez?.
- Previndo a dor das costas.
- Apostamos polo Crossfit.
- Unha de surf.
- Comer, todo é bo, na medida xusta!.
- Outono de sendeirismo.
- Invadindo o Conco.
- #CorreconDafit.
- “A xente vén buscando estética e sae con saúde”.
- O Deporte e o Adestramento persoal como identidade dende a Costa da Morte.
Máis información

Fonte
- Enlace patrocinado.