3ª Autonómica: A Virxe da Barca apúntase á festa

O pinchazo do Corcubión mantén en cabeza ao Laxe, mentres que Muxía e Louro volven subir na 'bolsa' do título
O Rodeiro, unha praza difícil - Foto: SD Camelle
Clínica de Fisioterapia Sar patrocina a 3ª Autonómica. Coñécenos no FB Todo queda pendente da vindeira xornada, onde se disputará unha finalísima no Cubaleiro. En caso de empate míranse os puntos colleitados entre os equipos implicados, polo que o partido da vindeira semana será clave. Por un lado, se gaña o Laxe está ascendido. No Cubaleiro, o que gañe ascende, pois tería 3 puntos máis e nos enfrontamentos directos (tras unha vitoria para cada un) vencería o que gañe. E en caso de empate quedará o cadro loureán por diante para a última xornada.   Nantón 0-1 Muxía
  • Campo: Fontiñas
  • Nantón: Sergio, Lareu, Pablo, Raúl (Carlos Vidal m.68), Diego Bello, Dani, Fabio (Micael m.64), Redondo, Sergio (Guille m.84), Martín e Alberto
  • Muxía: Santi Papi, Iván Chans, Conguito (Noé m.38), Martín, Sergio (Pana m.44) (Martín m.87), Denis, Julián, Adrián, Pereira, Tarrela e Samuel
  • Árbitro: Maneiro Santos (A Coruña). Amonestou a Martín e Raúl do Nantón; Tarrela e Pereira do Muxía
  • Gol: 0-1 m.24 Samuel
O mellor momento dos 'Manines' Venceu pola mínima o Muxía a un Nantón que viña co cartel de perigo para os conxuntos con aspiracións. Os de Manín atravesan os seu mellor momento da tempada, cunha altísima fiabilidade defensiva e un intelixente manexo dos tempos do encontro. O tanto de Samuel, mediado o primeiro acto e nun bo remate, serviu para ser administrado e ceder a iniciativa durante varios momentos.   Lira 3-1 Castrelo
  • Campo: Lombáns
  • Lira: Santi, Piteiro, Santi Juvenil, Choqueiro, Pata, Esién, Chiru, Salva, Fran Perico e Costa
  • Castrelo: David Caamaño, Raúl, Luis, Chapu, Víctor, Félix, Suso (Steven m.80), Gustavo, Añón (Elvis m.68), Roi e Curra
  • Árbitro: Sornichero Caicedo (A Coruña). Amonestou a Gustavo, do Castrelo
  • Goles: 1-0 m.38 Choqueiro; 1-1 m.41 Gustavo; 2-1 m.57 Essién; 3-1 m.76 Fran Perico
Un Lira moi superior Asediou de tódolos xeitos posibles o Lira a un Castrelo que compretou un dous seus peores partidos do curso. Choqueiro, na recta final do primeiro acto, aproveitou un bo saque de falta de Pata para abrir o marcador, aínda que a alegría duraría tres minutos, ata que Gustavo enganchaba un balón solto para igualar. Non variou o panorama durante unha segunda metade na que Essién, á saída dun córner, e Fran Perico, tamén a pase de pata, redondearon unha máis que xusta vitoria do Lira.   Monte Louro 5-2 Sporting Seaia
  • Campo: Agra de Filgueira
  • Monte Louro: Fernando, David (Juache m.60), Abel (Geiko m.65), Borja, Canelo, Adrián, Gelo, Sexo, Deza, Riki e Juan de Celia (Pesi m.70)
  • Sporting Seaia: Jose Luis (Varela m.46), Sergio (Jorge Parga m.46), Javi, Diego, Cristian, Miguel, Dani, Carracedo, Parga, Jose e Adrián Pose (Reigía m.37)
  • Árbitro: Rubio Santos (A Coruña). Amonestou a Canelo, Geiko e Borja do Monte Louro; Carracedo e Diego do Sporting Seaia
  • Goles: 0-1 m.1 Dani; 1-1 m.10 Jose, en propia meta; 2-1 m.15 Riki; 3-1 m.27 Juan de Celia; 3-2 m.64 Carracedo; 4-2 m.64 Juan de Celia; 5-2 m.85 Geiko
Mellor que whisky de Malta O Monte Louro sacou tres puntos previos ao seu enfrontamento co Corcubión, e adicoullos ao seu goleador e pichichi da categoría, Geiko, que marcha para Malta. Unha superioridade notoria no primeiro acto levou á relaxación posterior, que a piques estivo de deixar un susto. O meta-lateral Fernando detivo un penalti con 4-2.   Camelle 3-2 Corcubión
O Corcubión acabou enfadado coa arbitraxe - Foto: SD Camelle
Alegría no Camelle - Foto: SD Camelle
  • Campo: O Rodeiro
  • Camelle: Álvaro, Cristian (Juan Tedín m.77), Rubén (David m.88), Carlos Valiña, Sergio, Martín, Tedín (Álvaro m.85), Jose, Mario, Pasantes e Tajes
  • Corcubión: Beto, Iván, Pablo (Abe m.73), Adri, Xabi, Mario Suárez (Miguel m.58), Sebas, Alan (Roca m.57), Samu (Toja m.73), Lema e Roi (Tito m.28)
  • Árbitro: García García (A Coruña). Amonestou a Sergio, Tajes e Pasantes do Camelle; Xabi, Alan, Mario, Roca, Sebas e Toja do Corcubión
  • Goles: 1-0 m.64 Pasantes, de penalti; 1-1 m.74 Tito; 2-1 m.82 Pasantes; 2-2 m.88 Sebas; 3-2 m.90 Jose
Con polémica por doquier Queixas comúns sobre a arbitraxe no Camelle-Corcubión, e nun terreo de xogo que non axuda á claridade. A realidade é que os branquiazuis caeron nun mes fatídico e non foron quen de recuperar o liderato. Unha primeira metade de alternativas e ocasións polos dous bandos acabou en nada no marcador, xusto ao contrario dunha tola media hora final. Un penalti tras unha caída á saída dun córner, convertido por Pasantes e moi discutido polos corcubioneses, abriu un marcador que Tito equilibrou pouco despois. O Camelle, moi enchufado, volvería adiantarse nunha contra, aínda que de novo o retornado Sebas igualaría. E coa tensión polas nubes, e nunha contra na que se reclamou fóra de xogo, Jose decidía o encontro para o bando local.