3ª Autonómica: O líder é de 'Portozas'
07 de marzo de 2016 (12:44 h.)
'Marea viva', iso é o que trae o novo líder, un Laxe que superou ao Corcubión e muda a dinámica dos últimos meses na Terceira Autonómica. Laxe, Corcubión e Montelouro pelexan polo ascenso directo mentres a Promoción tena case asegurada Muxía, Nantón e Camelle.
O Camelle non pasou da igualada na casa - Foto: SD Camelle
Clínica de Fisioterapia Sar patrocina a 3ª Autonómica. Coñécenos no FB
Nantón 1-1 Sporting Seaia
Laxe-Corcubión-Foto-SD Laxe
O Laxe venceu ao Corcubion-Foto_SD
Ambientazo no Cabo da Area para o partidazo da Liga entre Laxe e Corcubion.Foto-SD
Gora o novo líder
Ambiente de día grande e case de final en Cabo D'Area para ver a Laxe e Corcubión poñer en xogo o primeiro posto da liga. Viven os branquiazuis o seu momento máis delicado do curso, ao encadear dúas derrotas seguidas, e coa de onte ademais con penalización en forma de perda do primeiro posto. Apoiado nunha potente masa social, o Laxe saiu moi ben prantado, aínda que o partido se movía dentro dunha lei de mínimos no que a riscos se refire. Abe desarticulou os pouco profundos achegamentos locais. Medrou o ata entón líder á volta de vestiarios, pero foi precisamente o Laxe o que atopou o camiño do gol, nun centro envenenado de Zúrich que Gora empurrou en boca de gol.
Gora, co 12, marcou o gol da vitoria do Laxe ao Corcubión-Foto-SD
Camelle 1-1 Castrelo
Chapu foi un dos destacados do encontro - Foto: Castrelo
- Campo: Fontiñas
- Nantón: Guille, Lareu, Guau (Vidal m.52), Raúl, Diego, Maikel, Fabio, Redondo, Damata (Budi m.73), Martín e Silva
- Sporting Seaia: Jorge, Jose (Brandon m.60), Víctor, Parga, Vistas, Dani Seaia (Cristian m.66), Vilariño, Sergio, Ramón, Carabel (Michi m.68) e Paco (Jorge Parga m.50)
- Árbitro: Zas Vázquez (A Coruña).
- Goles: 1-0 m.46 Lareu; 1-1 m.60 Dani Seaia
- Campo: Cabo D'Area
- Laxe: Noé, Steven, Naya, Jacinto, Bras (Miguel m.46), Gora, Borja, Felipe Oróns (Rafa m.80), Felipe Rodríguez, Samu (Santi m.73), Jorge Pichel (Zúrich m.55)
- Corcubión: Abe, Iván (Roca m.70), Adri, Pablo, Xabi, Alán (Goche m.60), Lema, Toja, Mario Suárez, Roi e Tito
- Árbitro: Méndez Castro (A Coruña). Expulsou a Zúrich, do Laxe (m.90)
- Goles: 1-0 m.68 Gora
- Campo: O Rodeiro
- Camelle: Álvaro, Rubén, Cristian, Carlos, Sergio, Álvaro Lema, Santi, Tedín (Rubén Toja m.85), David (Juan m.52), Mario e Pasantes
- Castrelo: David Caamaño, Marcos, Luis, Chuchi, Víctor, Curra, Félix (Dany Añón m.62), Chapu, Suso (Edreira m.46), Elvis (Steven m.85) e Roi
- Árbitro: Miño Rojas (A Coruña).
- Goles: 1-0 m.35 David; 1-1 m.80 Edreira
- Campo: Agra de Filgueira
- Monte Louro: Fernando, David, Borja, Abel (Pedro de García m.75), Canelo, Adrián, Gelo, Dani (Pesi m.55), Sexo, Geiko (Gabri m.70) e Riki (Juan m.80)
- Lira: Santi, Eloy, Manuel, Cheikh, Manu, Fran Perico, Yago (Álex m.60), Suso Perico, Cayetano, Salva e Santi
- Árbitro: Rodríguez Penas (A Coruña).
- Gol: 1-0 m.44 Riki
Máis información
- O cadro da Copa da Costa 2016.
- As táboas de resultados e clasificacións en www.futboldacosta.com. Piquen dende o seu teléfono e pulsen “Engadir a pantalla de inicio”, para ter sempre os resultados no peto.
- A actualidade no Facebook “Fútbol da Costa”.
Fonte
- Guillermo Parga (guillermoparga@quepasanacosta.com).