Terceira Galega: Coma un Mayweather - Pacquiao

Espectacular o partido entre Muxía e Ameixenda, os dous primeiros clasificados, que non estivo tampouco exento da polémica típica do que había en xogo
Derbi limpo entre Nantón e Cabana - Foto: FB Cabana
O Resturante DÁlvaro, en Muxía, patrocina a 3ª Galega Muxía 2-1 Ameixenda Campo: Arliña Muxía: Santi Papi, Munitis, Denis, Breo, Martinciño, Pereira, Adrián Alcaina, Conguito (Tomás m.84), Chans, Víctor Alcaina (Castreje m.90) e Iván Lagoa (Adrián Negro m.65) Ameixenda: Óscar, Bichiño, Samuel, Diego (Grille m.30), Adán, Javichu, Rafa, Jesús, Cristian, David (Suso m.65) e Borja Árbitro: Boedo Varela (A Coruña). Amonestou a Adán, Rafa, Javichu e Jesús do Ameixenda Goles: 0-1 m.27 Cristian; 1-1 m.44 Víctor Alcaina, de penalti; 2-1 m.67 Adrián Negro Talante, talento e sufrimento Non foi sinxelo para o Muxía, nin para o Ameixenda, e moito menos para o árbitro o encontro entre os dous primeiros de Terceira, que amosaron que ata o de agora non hai conxunto mellor na liga. Lonxe de especular, a proposta ceense foi sorprender ao líder, e conseguiuno con creces nunha primeira metade sobresaínte, con proposta de fútbol e as ideas moi claras. Borja marcaría un primeiro tanto anulado por fóra de xogo, e que encendeu moito os ánimos e a indignación da parroquia do Ameixenda, que protestou e moito a xogada. Conguito tería a réplica local, e fixo lucirse a Óscar. Pero a cita era do Ameixenda, e o primeiro tanto oficial tamén o sería, tras un remate de Cristian. David tería tamén o segundo. Protestou tamén o Muxía un gol anulado a Conguito, e de novo acendería a mecha visitante o colexiado co penalti do empate, ao fío do descanso, tras unha internada por banda dun Conguito pletórico esta semana. Víctor Alcaina no perdonou. Trala demostración da primeira parte foi en 'fade out' a presencia do Ameixenda no partido, aínda que seguiría a cerar a meta de Papi. Foi un pase do muxián Munitis a Adrián Negro o que decidiría o encontro, coa clase na resolución do talento local. O tanto foi un mazazo para os ceenses, que baixaron notablemente e acabaron por perder control na cita. Iso si, quixeron manifestar públicamente o seu enfado coa actuación arbitral. Nantón 4-0 Cabana
Fontiñas celebrou o triunfo dos seus - Foto: FB Cabana SD Campo: Fontiñas Nantón: Guille, Fabián (Lareu m.60), Silva, Pablo, Diego Bello, Juan (Carlos Vidal m.65), Raúl, Redondo, Enmanuel (Tato m.69), Martín (Kevin m.53) e Iván Cabana: Vázquez, Djamel, Grille (Fariña m.82), Ismael, Reigía, Àlex(Valiña m.53), Cristian (Eloy m.80), Diego (José Ángel m.46), Miki Pose, Fernando e Eliseo Árbitro: Rodríguez Campos (A Coruña). Amonestou a Raúl do Nantón; Álex e Grille do Cabana Goles: 1-0 m.23 Iván; 2-0 m.60 Iván; 3-0 m.75 Raúl; 4-0 m.87 Carlos Vidal
O Cabana marrou varias ocasións boas - Foto: FB Cabana SD Un envexable derbi Calquera desexaría que o seu derbi máis próximo, sobre todo no fútbol profesional, se desenrolase baixo o borrrollismo dun Nantón-Cabana. No estrictamente deportivo, os locais golearon nun partido no que quizais non existise tamaña diferencia por momento. Ao intermedio chegaríase cunha mínima diferencia, froito dun tanto de Iván tras erro defensivo. A valentía visitante deparou un horizonte suicida, e deixou un case irremontable 2-0 tralo tanto de Iván. Houbo unha serie de oportunidades marradas polos cabaneses, que acabarían por afundir na recta final, baixo unha notable efectividade do Nantón. Volantes de Baño 2-3 Lira Campo: Eleuterio Balayo Volantes de Baño: Javira, Tiko (Roi m.61), Mou, Javi, Cajulo (Yeray m.74), Yanky, Pardelo, Kanote (Yerai m.83), Maikel Perrito, Andel, Púgil Lira: Peipo, Eloy, Iván Cerilla, Manuel Cartamil, Adrián, Guardiola (Cibrán m.87), Cheikh, Miguel, Costa (Pelexo m.74), Edu e Oli Bermejo Árbitro: Rodríguez Penas (A Coruña). Expulsou a Yanky, do Volantes de Baño (m.69). Amonestou a Pardelo, Cajulo do Volantes; Oli Bermejo, Iván Cerilla e Manuel Cartamil do Lira Goles: 0-1 m.12 Oli Bermejo; 1-1 m.32 Kanote; 1-2 m.56 Oli Bermejo; 1-3 m.68 Edu; 2-3 m.90 Maikel Perrito Moi poucas flores no antigo Miraflores Con carácter de derbi e coa rudeza do fútbol máis añejo da Costa da Morte. Así foi o encontro entre Volantes de Baño e Lira, no que tanto a parroquia como a expedición local acabaron moi enfadados coa labor arbitral. Protestaron nada máis comezar o tanto de Oli Bermejo, no que pediron falta sobre Maikel Perrito. Igualou Kanote, en xeira últimamente, á media hora, e tras moitas alternativas nas áreas. Agudizouse o factor polémica na reanudación, na que o Volantes tamén reclamou que o Lira non tirase o balón fóra no segundo tanto, así como falta a prol no terceiro. O corpo técnico local quixo manifestar ademais a súa disconformidade co "xogo excesivamente brusco" dalgúns futbolistas visitantes. E iso que había coñecidos e excompañeiros por doquier... Sporting Seaia 1-2 Castrelo Campo: A Pedra Queimada Sporting Seaia: Anxo, Jorge Parga, Carabel, Elvis, Sergio Cancela (Miguel m.46), Pedro (Darío m.73), Cristian (Jose m.46), Jose, Albertiño, Carlos Mallo e Adrián Parga Castrelo: David, Martín, Curra, Sergio, Darío, Maikol, Roi, Dani Costa, Cristian (Edgar m.73, Iago (Víctor Lema m.58) e Vicente (Sergio m.60) Árbitro: Pardiñas García (A Coruñá). Expulsou a Elvis (m.62) e Albertiño (m.84) do Sporting Seia. Amonestou a Iago do Castrelo Goles: 0-1 m.32 Darío; 0-2 m.66 Martín; 1-2 m.80 Carabel Sorpresa entre case novatos Dous dos equipos máis novos da liga, o Sporting Seaia e o Castrelo, reviviron o seu enésimo enfrontamento en pouco tempo, despois de cruzarse tamén na Copa da Costa e na Terceira de hai uns meses. Sorprenderon por efectividade os vimianceses, que administraron á perfección o gol de Darío e foron quen de aguantar ordeados. Ata con nove futbolistas, non obstante, tiveron oportunidade de igualar os malpicáns, que protestaron moito a actuación arbitral. Outes B 3-1 Camelle Campo: O Cunchido Outes B: Álex, César (Paulo m.75), Villaverde, Sergio, David, Pablo (Sergi m.58), Jose, Alberto, Kike, Álvaro (Saúl m.79) e Adrián Camelle: Rubén, Cristian, Rodri, Carlos Valiña, Santi, Tedín, Javi Baña, Jose, Álvaro, Pasantes e Álvaro Lema Árbitro: Núñez Fiuza (A Coruña). Amonestou a Carlos Valiña e Cristian do Camelle Goles: 0-1 m.20 Tedín; 1-1 m.68 Adrián; 2-1 m.73 Lestón; 3-1 m.80 Adrián O filial pode co cansancio Tivo a paciencia necesaria o Outes B para remontar ante un Camelle con once futbolistas e que durante máis de corenta minutos dominou no marcador, pero o esforzo era excelso ante unha convocatoria de dezaseis futbolistas. Os locais dominaron o balón e tiveron problemas para entrar nun rival coas ideas claras.