3ª Galega: Follow the Lira
12 de decembro de 2016 (17:29 h.)
Segue a escalada do equipo de Manín, capaz de vencer en Nantón con dous golazos de Dudo e acechar así a un Muxía que sufríu máis da contra en Outes; meritorio tamén é o papel do Castrelo nas últimas semanas
O Castrelo acadou un novo triunfo
O Resturante DÁlvaro, en Muxía, patrocina a 3ª Galega
Outes 0-1 Muxía
Campo: O Cunchido
Outes B: Álex, Jose (César m.46), Sergi, David, Liste, Alberto (Adan m.56), Kike (Paulo m.82), Álvaro, Samu, Pablo e Maceiras
Muxía: Jose Antonio, Chans, Munitis, Denis, Martinciño, Adrián Alcaina, Currás (Castreje m.80), Julián, Conguito (Gusa m.60), Ruso (Tomás m.46) e Iván Lagoa
Árbitro: Baña Tajes (A Coruña). Amonestou a Pablo, David do Outes B; Denis e Adrián Alcaina do Muxía
Gol: 0-1 m.22 Adrián Alcaina
Así tamén vale
Non deixou o líder unha imaxe demasiado impoñente na súa visita a Outes, pero polo menos foi quen de sacar adiante a salida. As baixas de Pereira, Víctor Alcaina, Maikel, Breo e Pesqui foron notorias no rendemento dun conxunto que, contra o que ven sendo habitual, xerou a maior parte das súas opcións a balón parado. Currás e Adrián Alcaina avisaran con sendos testarazos, e no terceiro o maior dos irmáns enviou ao longueiro e a gol un centro magnífico de Martinciño. Non houbo demasiadas xogadas máis nas áreas nunha primeira metade na que o filial evidenciou unha gran progresión e deixou moi boa imaxe. Foi chave a actuación de meta Jose Antonio na reanudación para que o Muxía mantivesa a vantaxe. Iván Lagoa despediciou a sentencia, nun penalti que estrelou no longueiro. Parece inminente a volta de Dani Picallo, recuperado por Chus Baleato, e de Víctor Alcaina, que traballará xa co grupo.
Nantón 0-2 Lira
Campo: Fontiñas
Nantón: Guille, Fabián (Raúl m.80), Lareu, Pablo, Diego Bello, Carlos Vidal, Kevin (Dani m.77), Redondo, Tato, Enmanuel e Touriñán
Lira: Peipo, Pelexo (Carocho m.70), Iván Cerilla, Adri, Manuel Cartamil, Pedro de Paky (Cristian m.48), Essién, Guardiola, Oli Bermejo (Suso m.78), Miguel Anxo (Senra m.88) e Dudo
Árbitro: Añón Salgueiro (A Coruña). Amonestou a Lareu, Kevin, Diego Bello e Tato do Cabana; Pedro de Paky, Guardiola, Carocho e Miguel Anxo do Lira
Goles: 0-1 m.71 Dudo; 0-2 m.82 Dudo
Sen dúbidas con Dudo
Dous espectaculares tantos de Dudo, un dos homes máis en forma do Lira, resultaron fundamentais para que quedase oficialmente proclamada a recuperación e a candidatura a todo do mellor Lira do curso. Graduáronse os pupilos de Manín no feudo do Nantón, suplicio para case tódolos grandes que pasan por alí. Aínda que foi sureño o control da tarde durante a maior parte, os erros defensivos a piques estiveron de custarlle caro de saída. As indecisións entre Peipo e a defensa non foron aproveitadas polo conxunto local. Xa na reanudación Dudo aplicaría a súa lei, con dous remates imposibles para Guille en outros tantos centros medidos. Foi fundamental o partidazo de Guardiola e Miguel, que superon darlle o ritmo necesario ao balón en todo momento. No tempo de prolongación o Nantón executaría unha pena máxima que Peipo pararía ata en dúas ocasións.
Camelle 3-7 Ameixenda
Campo: O Rodeiro
Camelle: Carlos, Cristian, Rubén (Rodri m.73(, Carlos Valiña, Tajes, Jose (Sergio m.46) (Javi Baña m.80), Tedín (Santiago m.66), Jose Manuel, Mario, Pasantes e Lema
Ameixenda: Farrapa, Pastecas, Samu, Diego, Demetrio, Bichiño, Chucho, Camacho, Rafa, Cristian e Borja (Suso m.78)
Árbitro: Carro Moreira (A Coruña). Amonestou a Carlos Valiña do Camelle; Suso, Chucho e Bichiño do Ameixenda
Goles: 0-1 m.2 Rafa; 0-2 m.8 Borja; 1-2 m.21 Jose; 2-2 m.23 Cristian; 2-3 m.32 Rafa; 2-4 m.35 Cristian; 2-5 m.37 Cristian; 3-5 m.62 Sergio; 3-6 m.67 Tajes, en propia meta; 3-7 m.71 Rafa
Festín que aínda pudo ser maior
O menos parecido a un encontro do século XXI resultou o cruce entre Camelle e Ameixenda, no que o colista prantexou tanta resistencia como lle deron as forzas, e onde os ceenses sumaron tres puntos máis na súa persecución do retorno á Liga da Costa. Aínda que o tanteador resulta xa de por si sorprendente, houbo opcións para que acabase prácticamente como o primeiro cuarto dun encontro de baloncesto. O máis preto de haber incertidumbre chegou entre o 0-2 e a igualada local, con Pastecas sacando incluso baixo paus o que tería sido o 3-2. A partires de aí, e co despertar novamente de Cristian e Rafa o arreón ceense foi xa inalcanzable para o Camelle. Os de Pato incluso marraron unha pena máxima.
Cabana 2-4 Castrelo
Campo: As Redondas
Cabana: Víctor, Djamel, Isma, Fernando, Grille (Brais m.63), Manolo do Cruceiro, Cacha, Miki Pose (Pablo m.73(), Álex, Christian (Diego m.73) e Jose (Eloy m.82)
Castrelo: David (David Caamaño m.82(, Darío, Víctor Lema, Sergio, Luis Roget, Maikol, Esteban (Cristian m.72(, Dani Costa (Mateo m.68), Sergio (Edgar m.81), Félix e Vicente
Árbitro: Belmonte Martell (A Coruña). Expulsou a Álex, do Cabana (m.74). Amonestou a Vicente e Mateo do Castrelo
Goles: 0-1 m.2 Vicente; 0-2 m.8 Luis Roget; 1-2 m.33 Grille; 1-3 m.46 Sergio; 1-4 m.81 Mateo; 2-4 m.88 Eloy
Algo está a medrar en Vimianzo
Vitoria de mérito para un Castrelo que non só amedrenta aos grandes, senón que tamén vence e convence en feudos históricos como As Redondas. Os vimianceses aproveitaron a súa maior concentración ao inicio de cada tramo de encontro. Dous despistes defensivos do Cabana, antes dos dez primeiros minutos de xogo, permitíronlle a Vicente e o presidente Luis Roget poñer terra de por medio. Os de Roly estiveron perfectamente prantados e non permitiron demasiadas oportunidades de perigo. Unha falta lateral pasada a media hora e rematada a gol por Grille parecía reactivar o choque, pero de novo resultaría fundamental o parón. Sergio resolvía o terceiro nada máis regresar de vestiarios, e xunto co dobre cartón a Álex finiquitaba totalmente unha tarde redonda e de notable por parte do Castrelo.
Sporting Seaia 1-2 Volantes de Baño
Campo: A Pedra Queimada
Sporting Seaia: Ché, Ramón Carracedo (Adrián Parga m.78), Vistas, Carabel, Canario, Cristian (Vilariño m.58), Cholsiño, Dimaga, Jorge Parga, Eme e Elvis
Volantes de Baño: Javira, Álex, Samuel, Santi, Javi (Mingos m.76), Cajulo, Pardelo, Edu, Yeray, Maikel Perrito e Javi Carnota
Árbitro: Brun Pintor (A Coruña). Amonestou a Miguel e Elvis do Seaia; Pardelo, Cajulo, Maikel Perrito e Álex do Volantes
Goles: 0-1 m.33 Javi; 1-1 m.44 Ramón; 1-2 m.46 Yeray
Dous plan B moi respondóns
Tiñan baixas tanto Sporting Seaia e Volantes de Baño, o que non foi óbice para que deixaran un bo encontro. Os muradáns seguen a mellorar o seu nivel defensivo e aguantaron á perfección unha primeira metade con máis chegadas locais. Elvis non tivo o tino doutras ocasións e marrou dous mans a man. Foi chave o acerto de Javi, con réplica de Ramón antes do intermedio, e sobre todo o tanto de Yeray nada máis comezar o segundo acto. Volcouse sen sorte o Seaia.