Terceira Galega: O 'Alcaine' da prisión
03 de outubro de 2016 (16:40 h.)
Víctor Alcaina parece facer o que quere e o que necesita este Muxía, que venceu con apuros ao Seaia; medra o Lira e parecen recuperar o tono Cabana e Ameixenda
O Lira venceu en Camelle - Foto: Jose
O Resturante DÁlvaro, en Muxía, patrocina a 3ª Galega
Sporting Seaia 1-2 Muxía
Campo: A Pedra Queimada
Sporting Seaia: Jose, Jorge Parga, Diego Varela, Pedro, Diego (Álex m.73), Cristian, Carracedo, Carlos, Adrián Parga, Jose e Miguel
Muxía: Santi Papi, Chans, Breo, Munitis, Martinciño, Adrián Alcaina, Pereira, Víctor Alcaina (Conguito m.85), Ruso (Denis m.35), Julián (Adrián Negro m.55) e Tomás (Pesqui m.46)
Árbitro: Brun Pintor (A Coruña).
Goles: 1-0 m.28 Jorge Parga; 1-1 m.49 Víctor Alcaina; 1-2 m.85 Víctor Alcaina, de penalti
A peor versión do líder
Só a calidade individual, representada principalmente por Víctor Alcaina, evitou o primeiro tropezo do Muxía esta tempada. Sorprendeu de saída o Sporting Seaia, que se adiantaría mediado o primeiro tempo, por mediación de Jorge Parga, tras aproveitar unha perda de balón e varios rexeites no área. Cambiou a decoración tralo intermedio, e nada máis retornar unha acción persoal de Víctor Alcaina significou o empate. Tivo que compretarse a remontada desde os once metros.
Nantón 3-2 Volantes de Baño
Campo: Fontiñas
Nantón: Guille, Lareu (Iván m.46), Efe, David (Raúl m.61), Diego, Juan (Kevin m.65), Tato (Raúl m.61), Redondo, Enmanuel, Martín (Carlos Vidal m.78) e Silva
Volantes de Baño: Javira, Samuel, Santi, Mou, Javi, Cajulo, Yanky, Yeray, Edu, Yeri (Bernardo m.68) e Javier
Árbitro: Rama Cotelo (A Coruña).
Goles: 0-1 m.7 Yanky; 1-1 m.23 Redondo; 1-2 m.41 Edu; 2-2 m.52 Enmanuel; 3-2 m.53 Enmanuel
Historia case tripitida
2-2, 2-3 e 3-2, cun punto a favor de bagaxe. Eses son os resultados do Volantes de Baño no que vai de tempada, e sempre amagando con sacar moito máis do que finalmente consigue. No difícil campo de Fontiñas, os muradáns adiantáronse ata en dúas ocasións, para finalmente acabar caendo. Un balón longo a Yanky abriu o marcador, e Redondo, nun man a man e aproveitando o dominio do seu equipo, igualaba. Edu, antes do intermedio volvía a poñer en vantaxe aos seus. O plan ía ben para os muradáns… ata que apareceu o oportunismo de Enmanuel.
Camelle 1-2 Lira
Campo: O Rodeiro
Camelle: Jose Ramón, Cristian (David m.46), Rubén, Carlos Valiña, Rodri, Tedín, Álvaro, Santi, Jose, Mario e Pasantes
Lira: Manuel, Eloy, David, Adrián, Senande, Suso (Pelexo m.46), Cheikh, Cibrán, Oli Bermejo (Aitor m.90), Miguel Anxo e Yago (Alexis m.67)
Árbitro: Acuña Piñeiro (A Coruña).
Goles: 0-1 m.19 Suso; 0-2 m.52 Miguel Anxo; 1-2 m.76 Jose
O Lira colle fondo
Marcou no ecuador de cada tempo o Lira para vencer no feudo do Camelle. Os de Manín, con moitas baixas e sen varios dos reforzos deste curso, adaptáronse ben ao Carreiro. O tanto final dos camelláns deixou un apaixoante treito final, con opcións nas dúas porterías.
Cabana 3-3 Ameixenda
Campo: As Redondas
Cabana: Víctor, Reigía, Djamel, Jose, Grille (Brais m.54), Álex (Pablo m.78), Eloy (Christian m.46), Miki Pose, Eliseo, Diego Varela (Jose Manuel m.63) e Fernando
Ameixenda: Farrapa, Suso, Bichiño (David m.46), Diego, Adan, Javichu, Rafa (Borja m.64), Jesús, Cristian, Grille e Demetrio
Árbitro: Soto Eiroa (A Coruña).
Goles: 1-0 m.7 Álex, de penalti; 1-1 m.33 Rafa; 2-1 m.38 Eliseo; 2-2 m.53 Cristian; 2-3 m.65 David; 3-3 m.95 Eliseo
Escaposeulle ao Ameixenda
A piques estivo o Ameixenda de sacar un meritorio triunfo en Cababa, pero os bergantiñáns evitaron que o comezo de curso fose a peor. De feito, dominaron durante uns primeiros minutos nos que atoparon o premio desde o punto de penalti, con gol de Alejandro. Foi medrando pouco a pouco o Ameixenda, ata a igualada de Rafa, pasada a media hora. Un disparo de Eliseo, envenenado tras tocar nun defensa, mandou o partido con 2-1 ao intermedio. Cristian e David voltearon o marcador nuns moi bos minutos dos ceenses, pero a insistencia do Cabana, colgando balóns, atopou recompensa na prolongación, á saída dun saque de curruncho.
Outes B 0-1 Castrelo
Campo: O Cunchido
Outes B: Álex, César (Jose m.46), Adrián, Brión, Samu, Pablo (Sergio m.46), Alberti, Sergi, Liste, Álvaro e Balsa (Kike m.71)
Castrelo: Carreira, Víctor, Pichón, Darío, Curra, Maikol, Luis, Stiven (Roi m.71), Costa (Félix m.63), Iago (Edgar m.80) e Vicente (Tajes m.66)
Árbitro: González Rey (A Coruña).
Gol: 0-1 m.35 Iago
Nova sorpresa do Castrelo
Un disparo lonxano de Iago, na recta final do primeiro acto, deulle tres puntos ao Castrelo en Outes. O filial debutante está a pagar a súa inexperiencia, pois domina amplos tramos de encontro, pero sen atopar o camiño do gol. Os vimianceses tiveron os seus momentos, e tamén souberon defender ordeados e sen fisuras cando máis achuchaba o 'B'.