3ª Galega: Unha valla moi grande a saltar entre todos

O incidente de Simón en Lombáns, que afortunadamente quedará nun susto, invita á eterna reflexión acerca das medidas de seguridade e a súa efectividade real no balompé modesto
Cabana e Camelle igualaron a un gol - Foto: Cabana SD
O Resturante DÁlvaro, en Muxía, patrocina a 3ª Galega Volantes de Baño 3-2 Outes Campo: Eleuterio Balayo Volantes de Baño: Javira, Roi, Mou, Maikel Perrito, Tiko, Púgil, Cajulo, Pardelo, Kanote, Castillejo e Yanky Outes: Álex, César (Jose m.61), Adrián, Sergio, Samuel, Pablo, Cives, Kike (Paulo m.64), Álvaro, Liste e Lestón Árbitro: Mella Fernández (A Coruña). Amonestou a Púgil, Cajulo e Maikel Perrito do Volantes Goles: 1-0 m.10 Yanky, de penalti; 1-1 m.16 Lestón; 1-2 m.25 Castillejo, en propia meta; 2-2 m.70 Kanote; 3-2 m.88 Kanote Derbi e confianza para o Volantes Novo triunfo dun Volantes que comeza a medrar e que remontou ante o filial do Outes. Os muradáns, que se adiantaran cun tanto de Yanky de penalti, sufriron o típico baixón que tantos puntos lles está a custar. Lestón, nunha falta por baixo da barreira e coa colaboración de Javira, igualou un marcador que sería pouco despois de 1-2 tras un golazo de Castillejo por toda a escuadra… da súa propia portería. Dominou desde a reanudación o Volantes, ante un rival que tamén pecou de falta de experiencia. Xurdiu a figura de Kanote, decisivo con dous goles, o da vitoria tras unha sobresaínte xogada colectiva. Lira 2-3 Muxía
Lira e Muxía protagonizaron un partidazo - Foto: Lipe Campo: Lombáns (Carnota) Lira: Peipo, Eloy (Santi m.79), Manuel Cartamil, Guardiola, Adrián, Miguel, Cheikh, Simón (Cibrán m.19), Suso Patachín (Pelexo m.64), Eduardo e Oli Bermejo (Yago m.64) Muxía: Jose Antonio, Chans (Castreje m.90), Breo, Munitis, Martinciño, Pereira, Adrián Alcaina, Conguito, Denis, Víctor Alcaina (Tomás m.88) e Josiño (Ruso m.68) Árbitro: Pire Pardo (A Coruña). Amonestou a Adrián, Eloy e Miguel do Lira; Munitis e Denis do Muxía Goles: 1-0 m.20 Miguel; 1-1 m.33 Víctor Alcaina; 1-2 m.46 Conguito; 2-2 m.49 Eduardo; 2-3 m.57 Adrián Alcaina Os Alcaina dominan en medio da conmoción por Simón Quedou relegado a un segundo plano o partidazo entre Lira e Muxía, tralo fortísimo golpe sufrido polo local Simón (curiosamente oriundo de Muxía) contra as vallas. Tres costelas rotas e unha drenaxe na pleura foi o resultado para un rapaz que hoxe mesmo xa evoluciona favorablemente. No estrictamente deportivo, o Lira de Manín púxolle ao líder (exequipo do propio técnico) moitas dificultades. De feito foron os locais os que saíron máis enchufados e se adiantaron no marcador, tras un gol olímpico convertido por Miguel. A papeleta parecía ter só un salvador: alguén co apelido Alcaina. E o primeiro en aparecer foi o dominador da categoría, Víctor, goleador en cada semana e que de novo cun golazo equilibraba a cita. Só uns segundos despois de pasar polo vestiario sería Conguito o autor do tanto da remontada, e mesmo pudo repetir o ex do Corcubión minutos despois, pero o balón petou no pau. O Lira, que tirou dunha crecente veteranía trala chegada de Manuel Cartamil, non deu o brazo a torcer e igualou de novo cun tanto de oportunista de Edu. Pero cos Alcaina diante nada é o que parece decisivo, e unha vez máis así foi. Da clase de Víctor sairía o centro para que Adrián cabecease a gol o terceiro e decisivo dos seus, que cada vez parecen máis imbatibles. Mensaxe do Muxía a un paisano e amigo, Simón "Desde a directiva, equipo, seareiros e veciños de Muxía desexámoslle unha pronta recuperación a Simón. O fútbol é o de menos nestes casos. Simón é unha persoa moi querida por todos en Muxía. Casou en Carnota, e despois duns anos de inactividade volvera xogar ao fútbol no Lira, cousa da que todos nos alegramos moitos. Estas novas doen e bastante". Ameixenda 1-0 Sporting Seaia Campo: San Paio de Refoxos Ameixenda: Farrapa, Jorge, Diego, Samuel, Adan, Javichu, Borja, Jesús, Cristian (Suso m.85), David (Grille m.72) e Demetrio (Rafa m.56) Sporting Seaia: Jose Manuel, Jorge Parga, Elvis, Sergio Cancela (Gonzalo m.75), Diego, Carracedo, Carlos, Adrián Parga, Jose, Miguel e Dani Vilariño (Cristian m.51) Árbitro: Fraga Viñuelas (A Coruña). Expulsou a Jorge do Ameixenda (m.77). Amonestou a Adan e Jesús do Ameixenda; Carracedo e Adrián Parga do Seaia Gol: 1-0 m.26 Cristian Cristian tirou de torpedo Un golazo desde máis de trinta metros, co selo de Cristian, decidiu a favor do Ameixenda o compromiso co Sporting Seaia. Os ceenses, intratables na caza do Muxía, están a volverse cada vez máis fiables co paso das xornadas. A climatoloxía e as condicións de San Paio de Refoxos marcaron o guión da cita, co Ameixenda xogando a prol de vento nunha primeira metade co elemento eólico pegando excesivamente forte. Non apostou polo patadón un Seaia moi coherente e coas ideas claras. Mudaron o plan os malpicáns con vento a favor: fútbol máis directo e búsqueda das costas rivais, aínda que sen demasiado perigo. A expulsión do local Jorge e un penalti marrado por Cristian impediron que os de Peto decidisen a cita, e ao final foron dúas intervencións de Farrapa o que deixou os tres puntos en Cee. Cabana 1-1 Camelle
Houbo unha parte para cada equipo - Foto: Cabana SD
O Camelle está a sobrevivir - Foto: Cabana SD Campo: As Redondas Cabana: Víctor, Djamel, Isma, Grille, Reigía, Manolo, Cristian (Eloy m.77), Diego (Pablo m.72), Miki Pose, Fernando e Eliseo Camelle: Jose Ramón, Cristian, Rodri, Carlos Valiña, Rubén, Tajes, Tedín, Jose Manuel, Mario, Pasantes e Álvaro (Martín m.65) Árbitro: Martínez Rodríguez (A Coruña). Expulsou a Manolo, do Cabana (m.89). Goles: 1-0 m.38 Fernando, de penalti; 1-1 m.68 Pasantes Petróleo camellán A pesares dos problemas de efectivos e demais, o Camelle conseguiu sacar un punto dun Cabana abonado ao empate. E non será que os bergantiñáns non tiveron oportunidades para case sentenciar antes do intermedio. Sen embargo, só de penalti, claro, cometido sobre Eliseo e transformado por Fernando, foron capaces de adiantarse no marcador. O propio Fernando, Miki ou Eliseo tiveron nas súas botas o gol. Mudou compretamente o partido nunha reanudación de progresivo control camellán e moito dano para a zaga cabanesa. Ata que Pasantes resolveu ante Víctor, axustando e moito o seu remate á dereita. O propio meta do Cabana salvaría o segundo nun man a man. Miki, de libre directo, tivo o segundo para os locais, que arrastran xa seis lesións. Castrelo 0-2 Nantón Campo: Municipal de Vimianzo Castrelo: David, Víctor Lema (Gustavo m.69), Curra, Sergio, Darío (Cristian Canosa m.78), Roget, Maikol, Dani Costa (Esteban m.65), Lema, Iago (Roi m.58) e Vicente Nantón: Guille, Fabián (Eloy m.72), Silva, Pablo, Diego Bello (Touriñán m.58), Kevin, Raúl, Redondo, Enmanuel (Tato m.65), Martín (David m.86) e Iván (Carlos VIdal m.82) Árbitro: Brun Pintor (A Coruña). Amonestou a Vicente e Gustavo do Castrelo; Raúl e Touriñán do Nantón Goles: 0-1 m.62 Raúl; 0-2 m.90 Tato Recuperación do Nantón Conseguiu o Nantón o triunfo nun campo, o Municipal de Vimianzo, que se lle da especialmente ben ata nos antecedentes de partidos contra o Soneira. Despois dunha primeira metade igualada, e con excesivo vento por momentos, os visitantes tiraron de experiencia e fondo de armario. Un bo remate de Raúl mediada a reanudación, e un tanto decisivo cando máis apretaban os vimianceses decidiron unha cita equilibrada.