Terceira investidura

Novo cambio de líder na Segunda, despois do pinchazo do Castriz en Verdillo; en Primeira, Álex Flores deulle o triunfo ao Zas sobre o Fisterra, mentres que o Dumbría foi 'saqueado' pola arbitraxe en Sigüeiro
Porteño e Corme igualaron a tres dianas - Foto: CF Porteño Unha cousa é que a Liga da Costa fose incerta este ano, e outra xa é o terceiro cambio no de dominio en só seis semanas de competición. Caeu estrepitosamente o ata agora fiable Castriz na súa visita a Verdillo (ante o mesmo San Lorenzo que non se recoñecera a si mesmo en Buño). E de novo venceu un Baio que leva xa cinco triunfos seguidos e que deixa poucas concesións ao erro. E tamén case pleno leva xa un Cerqueda espectacular, intratable nos duelos de 'outsiders' e con visa para soñar co que sexa. A súa última víctima foi un Cee ao que parece faltarlle un algo en momentos chave. A polémica visitou A Grixa da Ponte do Porto, onde houbo alternativas, polémica e ata un parón no cruce entre Porteño e Corme. Máis que polémica, chamado saqueo, 'atraco' ou 'roubo' en linguaxe fanática, sufriu o Dumbría na Primeira. Visitaba Sigüeiro, e alimentou ese mito das arbitraxes na zona de Santiago. Unha vez máis, a parte mala do pastel nese sentido caeulle aos costeiros. Houbo derbi en San Andrés, e o subcampión da Liga da Costa vingouse do equipo que lle arrebatou o título hai uns meses. Álex Flores, en matrimonio co gol, desequilibrou a balanza dun partidazo. Peor foille ao Outes na casa co Agolada. Perde gas na Preferente un Sofán que caeu novamente, esta vez en Lugo e contra o Polvorin. Precisamente pólvora foi o que botaron de menos os carballeses. A cara de ledicia a poñen o Soneira, que sumou ante o Escairón o segundo triunfo seguido, e o Xallas, que celebrou en Sada, e ante un rival directo, a primeira do curso. Tamén a primeira, pero en Terceira Galega, chegoulle ao Volantes de Baño. Superou ao Seaia, e despois de amagar varias semanas con levar o gato ao auga, esta vez si finalizou a faena. Intratable está o líder, o Muxía, que suma xa catro de catro, mentres que ao outro lado da balanza queda un Camelle aínda sen adestrador e sen porteiro, que levou seis do Ameixenda.  

PreferenteNorte, xornada 7

 

1ªAutonómica, Gr.2, xornada 6

 

2ªAutonómica, Gr.2, xornada 6

 

LigaGalega Xuvenil, xornada 5

1ªXuvenil, Gr.2, xornada 3

 

1ªXuvenil, Gr.3, xornada 5

LigaGalega Cadete, xornada 5

1ªCadete, xornada 2

LigaGalega Infantil, xornada 5

1ªInfantil, xornada 4

LigasVeteranos, 1ª División

LigasVeteranos, 1ª División

 

Máisinformación