3ª Galega: Medran os grandes
26 de setembro de 2016 (14:45 h.)
Muxía ou Lira, institucións históricas, sacaron adiante os seus encontros; no caso dos da Vila da Barca é a confirmación da súa candidatura
O Seaia igualou o seu encontro - Foto: Sporting Seaia
Muxía 3-1 Nantón
O Resturante DÁlvaro, en Muxía, patrocina a 3ª Galega
Campo: Arliña
Muxía: José Antonio, Chans, Breo, Munitis, Denis, Castreje (Pesqui m.46), Pereira, Iván Lagoa (Tomás m.83), Víctor Alcaina (Ruso m.85), Julián (Santi Papi m.60) e Adrián Alcaina
Nantón: Guille, Lareu, Efe, David (Iván Rojo), Diego, Juan (Tato m.73), Fabio (Carlos Vidal m.20), Redondo, Enmanuel, Martín e Silva (Iván m.60)
Árbitro: Melián Otero (A Coruña). Expulsou a José Antonio, do Muxía (m.60). Amonestou a Víctor Alcaina e Pereira do Muxía; Martín e Iván Rojo do Nantón
Goles: 1-0 m.4 Víctor Alcaina; 1-1 m.24 Silva; 2-1 m.68 Lagoa; 3-1 m.84 Breo
Empeza a meter medo
Xa vence ata case sen ser mellor os noventa minutos un Muxía que superou ao sempre difícil Nantón. O madrugador tanto de Víctor Alcaina fixo xustiza a unha saída notable e combinativa dos locais, que decreron a partires da igualada de Silva, cunha vaselina precisa. De aí ao intermedio dominaron os cabaneses e dispuxeron de opcións para a sorpresa. Parecía a tinguirse de negro a tarde do líder tamén coa expulsión do seu porteiro, José Antonio, nunhas protestadas mans fóra do área. Pero para entón repúxose. Dous testarazos, un de Iván Lagoa e outro de Breo, amosaron que este ano vai moi, pero que moi en serio.
Sporting Seaia 1-1 Outes B
Campo: A Pedra Queimada
Sporting Seaia: Jose, Diego Varela, Sergio Cancela, Pedro (Elvis m.73), Diego, Cristian (Alejandro m.54), Carracedo, Albertiño, Carlos (Jorge Parga m.77), Jose e Miguel
Outes B: Alejandro, César (Sergio m.77), Adrián, Brión, Samuel, Formoso, Alberto (Adrián m.46), Sergi, Kike (Jose m.60), Edu e Álvaro
Árbitro: Volunterio (A Coruña). Expulsou a Albertiño (m.82). Amonestou a Miguel, Albertiño, Carracedo; Pablo
Goles: 0-1 m.88 Sergio; 1-1 m.89 Sergio Cancela
Cousa dun minuto
Igualaron dous dos conxuntos con menos traxectoria histórica no fútbol da zona, e o fixeron cun minuto final que parecía o desenlace dunha película de medo. Non houbo un dominador claro, aínda que notouse a maior veteranía do Seaia. Un vello coñecido e temido, o colexiado Volunterio, expulsou de forma polémica ao local Albertiño.
Volantes de Baño 2-3 Camelle
Campo: Eleuterio Balayo
Volantes de Baño: Javira, Yeray (Álex m.77), Maikel Perrito, Mou (Edu m.53=, Yeray, Castillejo, Santi, Púgil, Javi, Kanote e Yankty
Camelle: Jose Ramón, Rubén (David m.74), Carlos Valiña, Manuel Ángel, Tedín, Tajes, Martín, Jose, Mario, Adrián e Cristian (Rodri m.68)
Árbitro: Pardiñas García (A Coruña).
Goles: 1-0 m.17 Maikel Perrito; 2-0 m.20 Maikel Perrito; 2-1 m.37 Pasantes; 2-2 m.42 Rubén; 2-3 m.49 Tajes
Unha 'perrada' para o Volantes
Dous goles do retornado Maikel Perrito, central, déronlle ao Volantes unha vantaxe que parecía cómoda no seu enfrontamento co Camelle. Pero nada máis lonxe da realidade. Tres accións de oportunismo dos camariñáns, unha delas cunha falta desde 35 metros por debaixo da barreira, voltearon un marcador que castiga en exceso o partido local.
Lira 2-0 Cabana
Campo: Lombáns
Lira: Peipo, Eloy, David, Adrián, Iván Cerilla, Suso (Aitor m.89), Miguel Anxo, Guardiola, Oli Bermejo (Pelexo m.90), Yago (Cibrán m.52) e Suso González
Cabana: Víctor, Alberto Valiña (Rubén m.67), Djamel, Grille, Iván (Rey m.78(, Álex, Christian, Miki Pose, Pablo Pose (Eliseo m.60), Fernando e Reigía (Eloy m.80)
Árbitro: Pardo Pose (A Coruña).
Goles: 1-0 m.23 Oli Bermejo; 2-0 m.80 Oli Bermejo
Quilmas 2-0 Cabana
Tirou do carro na primeira vitoria de Manín o dianteiro de Quilmas Oli Bermejo, que fixo esta vez de referente ofensivo. Un tanto ao inicio e outro na recta final déronlle unha traballada e merecida alegría no exilio de Lombáns. Variou o preparador fisterrán algunhas cousas do encontro de debut, e atopouse enfronte cun rival voluntarioso, pero algo falto de ideas en ataque.
Ameixenda 2-0 Castrelo
Campo: San Paio de Refoxos
Ameixenda: Óscar, Jorge Trillo, Samuel, Diego Oca, Rafa, Grille, Demetrio (Borja m.78), Javi, Adan, Jesús e Cristian (Miguel Trillo m.79)
Castrelo: David (David Caamaño m.69), Víctor Lema, Curra, Sergio, Darío, Martín (Esteban m.46), Iago, Dani Costa, Sergio, Mateo (Roi m.58) e Vicente
Árbitro: Martínez Rodríguez (A Coruña).
Goles: 1-0 m.23 Cristian; 2-0 m.58 Cristian
Feo partido, pero válido
Non foi o encontro da xornada o Ameixenda-Castrelo, pero serviu para que os ceenses den un pao ao fronte. Despois da sorpresa da semana pasada, o Castrelo non pudo manter a traxectoria vitoriosa e non xerou demasiadas opcións de perigo. Trillo foi expulsado nos locais, que aguantaron dez minutos con dez.