Todos somos 'Seliacos'

Tres goles de Juan de Selia déronlle o segundo triunfo da semana ao Louro, no que era a cita aprazada polo susto que precisamente o talento da canteira dera hai case un mes
Celebración da vitoria do Louro Monte Louro 4-1 Esteirana Campo: Agra de Filgueira Monte Louro: Iago, Miguel, David, Gelo, Pablo, Manolo Chouza, Yeray, Riki e Raúl Esteirana: Ponte, Tobío, Damián Suizo, Eloy, Martín, Iker, Adrián, Pablo Rama, Eloy Campos, Codesido e Simón Árbitro: Dacal López (A Coruña). Amonestou a Pablo do Monte Louro Goles: 1-0 m.5 Juan de Selia; 2-0 m.35 Miguel; 2-1 m.39 Damián Suizo, de penalti; 3-1 m.65 Juan de Selia; 4-1 m.80 Juan de Selia Nin David Koepp, nin Trumbo nin Woody Allen. O mellor guión da película do Monte Louro-Esteirana asinouno un Juan de Selia que por motivos de salud, e de susto xeralizado, provocara a suspensión hai case un mes, e que á hora de retomar o que non comezara en Agra de Filgueira erixiuse protagonista como acostuma: cun balón de por medio. O spielbergiano ou hollywoodiense happy ending de toda a vida, con tres goles e un triunfo que confirma aos loureáns ao seu adestrador Óscar Leis como unha das grandes e gratas sorpresas da Liga da Costa.
Louro e Esteirana deixaron un bo espectáculo - Foto: Edu Olveira Quixo de saída controlar unha Esteirana que por unha vez atopou un rival semellante: xove, algo fráxil atrás e con talento e descaro en velocidade e co esférico nos pés. Pero os azulgrana sufriron a un Juan estelar desde o pitido que da outra vez non pudera oir. Un lanzamento desde case o medio do campo abriu o camino do triunfo aos cinco minutos. Agudizou as tendencias a realidade do marcador, cos locais administrativos e os esteiráns intensos e presionantes. Nunha saída con éxito desa presión Miguel parecía matar o encontro á media hora co segundo tanto, pero intres despois devolvía Suizo o statu quo ao converter un penalti claro. A reanudación resultou unha vana tentativa, que acabou por difuminarse, por parte da Esteirana. Acabaría por claudicar ante a imperial figura de Juan, arrebatador, desbordante e omnipotente en tódalas disciplinas: fixo o terceiro nunha acción por banda, e en forma messiánica búsqueda interior do espazo para resolver ao pau longo. O cuarto, tamén na liña do D10S, resolveu polo libro das marabillas un libre directo imposible para o porteiro.