Traballo para San Pedro

Proba de lume para un Baio que afronta en Castriz unha das saídas máis difíciles do curso; en Terceira tinguirase de festa Arliña para o Muxía-Ameixenda
O Camariñas buscará o triunfo en Mazaricos - Foto: Camariñas CF Segunda semana consecutiva sen derbis nin en Preferente nin en Primeira Galega, o que devolve de novo o foco a unha Liga da Costa aínda en proceso de definición e cos roles non demasiado esclarecidos. Por iso tampouco é sinxelo apuntar nunha ou outra dirección ao, sobre o papel, falar de encontro da xornada. Algo máis definida está unha Terceira onde todo pasa por Muxía e Cee últimamente (incluidas as desgrazas coma a do muxián do Lira Simón). Atendendo a criterios meramente clasificatorios, así como á sensación que daban ao inicio de curso, o partido que protagonizarán en San Pedro o Castriz e o Baio ten ese toque de distinto. Para os locais é unha nova oportunidade de resarcirse despois das súas dúas últimas saídas, saldadas con cero puntos. No caso dos de Pedro Gómez trátase de superar unha desas saídas que todo aspirante a algo ten marcadas como difícil ou chave. Máis sinxelo, sempre sobre o papel, parece telo outro dos lideres, o Corme, que recbe a un Baíñas todavía en proceso de búsqueda. Pola súa banda, a gran revelación do que vai de curso, o Cerqueda, ten na Ponte do Porto o que en teoría debería ser un rival directo, e nunha superficie sempre distinta. Do resto da xornada o sorprendente Camariñas ten unha proba de nivel en Mazaricos, ante un adversario completamente distinto, mentres que con cartel debe trampa debe asumir o Ponteceso a visita á Rocheira de Coristanco, punto de fuga de puntos sempre para favoritos. Nos pisos superiores do balompé costeiro ten especial postín a visita do Atlético Arteixo á Fontenla de Santa Comba, onde lle agarda un Xallas que ven de baixar notablemente o seu rendemento. Os da Mariña coruñesa perderon a tempada pasada o ascenso a Terceira e teñen comezado con certas dúbidas, aínda que seguen cunha proposta de xogo ofensivo e dinámico. Tamén na casa, e ante outro exTerceira, xogará o Soneira, que ten no Ribadeo un rival incógnita e algo irregular de momento. O mesmo sucede co Arzúa, que agarda ao Sofán no sempre difícil Do Viso. Un escalón máis abaixo, na Primeira, o novo líder Dumbría debe telo relativamente sinxelo co Esclavitud, mentres que o Zas viaxa a Lalín para tentar curtar a mala xeira ante un histórico. Tamén a domicilio e difícil será para o Outes en Valga (co Cordeiro). O único que non terá que comer cedo o domingo é o Fisterra, que agarda a un Piloño que baixa notablemente lonxe da casa. De seguro que o epicentro dominical na Terceira, Arliña, vestirase de gala para acoller o partidazo entre Muxía e Ameixenda, o intratable líder e o regular perseguidor. Potencial ofensivo, talento e moitos coñecidos nun e outro bando para un partido de poucos segredos. Tamén importante será o derbi entre Volantes e Lira, con Manín retornando a Muros, onde adestrou hai xa case dúas décadas.

PreferenteNorte, xornada 11

 

1ªAutonómica, Gr.2, xornada 9

 

2ªAutonómica, Gr.2, xornada 9

 

LigaGalega Xuvenil, xornada 9

1ªXuvenil, Gr.2, xornada 9

 

1ªXuvenil, Gr.3, xornada 9

LigaGalega Cadete, xornada 9

1ªCadete, xornada 7

LigaGalega Infantil, xornada 9

1ªInfantil, xornada 7

LigaAlevínSur, xornada 3

LigaBenxamínSur, xornada 3

LigasVeteranos, 1ª División, xornada 6

LigasVeteranos, 1ª División, xornada 6

 

Máisinformación