Última chamada para participar na VIII BTT Concello de Dumbría deste domingo

Última chamada para os interesados en inscribirse na oitava edición da Ruta BTT Dumbría. O prazo remata o venres ás 12:00h e a proba disputarase este domingo día 18. Xa van 8 anos dende aquel 2010, cando o Concello puxera en marcha esta iniciativa, que serviu como impulso para a creación do Club Ciclista Dumbría no ano 2011. Hoxe en día, a ruta é unha das fixas no calendario autonómico, caracterizándose pola variedade de terreos e unha gran convivencia entre os participantes. Xa hai 216 inscritos, e ti podes inscribirte xa en emesports.es.

Como é a proba

A Recollida de dorsais a partir das 8,00h nas instalacións deportivas do Conco. A saída da marcha será as 9,30h dende as instalacións deportivas do Conco, onde o pelotón se dirixe neutralizado cara Sábade, aquí a marcha entra xa nos montes de Berdeogas e Dumbría, cunha primeira baixada técnica. A continuación nos diriximos a localidade de Paradela, entre pistas, camiños e algunha baixada. A partir de aquí, a ruta entra na súa parte máis dura, subida o alto do chans das Lagoas, baixada a Vilar de Olveira, subida de Rebouta. Nesta parte, podemos divisar todo o entorno de embalse da Fervenza así coma ó valle de Olveira. Logo dun descenso dende uns dos puntos con máis altitude do Concello, ten lugar o primeiro avituallamento sólido e líquido no depósito de auga de Olveira aproximadamente no KM 21. Unha vez recuperado forzas, os deportistas se dirixen a cruz de Logoso, no alto de Olveiroa, cruzando neste punto para o camiño Xacobeo en dirección Logoso. Uns dos puntos obrigados da marcha, a Pedra Cabalgada ou pedra do Brazal, donde os participantes seguro que baixan da bicicleta para facer a foto de rigor. O pasar a pedra, e logo dun kilómetro, ten lugar a separacións da ruta corta e da ruta larga. O horario límite para facer a larga e pasar antes das 12,30h, o que o faga máis tarde ten que facer obrigatoriamente a ruta corta. Neste punto, a organización terá preparado un avituallamento líquido. A ruta larga sigue en dirección O Brazal, seguindo o Rio Xallas e visualizando a Devesa de Anllares. Xestosa, Anseán e subida en dirección Pelexa, descenso a Filgueira de Buxantes para dirixirse o monte de Dumbría. Neste punto, a 3 km de meta, temos un descenso técnico a altura de Figueiroa de Dumbría. Antes de cruzar a liña de meta, os participantes, pasarán polo lugar de Castro, camiño Xacobeo e Albergue de peregrinos de Dumbría. Unha vez finalizada a marcha, os participantes desfrutarán da comida final.

Outras probas

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).