Un sabroso bronce dumbriés nos Campionatos de España de Slalom de Sort

Lorena Costa en Sort-Foto-Rosa Fernandez Carrera
Lorena Coa Medalla-Foto-Rosa Fernandez Carrera

Broche de bronce á tempada nacional da deportista Lorena Costa Rama nos Campionatos de España de Slalom que se celebraron esta fin de semana en Sort. A padeixeira berdeoguesa residente no Centro Galego de Tecnificación Depòrtiva e que traballa baixo as ordes do técnico da federación Ekih Diaz, pechou unha tempada que se pode calificar de sobresainte cun terceiro chanzo no podium, a pesar de que na manga final do domingo non quedou moi satisfeita do seu desempeño, pero a súa regularidade ó largo de todo fin de semán tivo o premio merecido.

Esta medalla se suma as outras dúas obtidas nas probas de Copa de España de Sabero, onde foi segunda, e de Irún, onde acadou o seu primeiro triunfo nunha proba estatal, a pesar de ser esta a súa primeira tempada coma cadete.

Lorena Costa no Podium de Sort-Foto-Rosa Fernandez Carrera

Iago Canosa traicionado polos cronometros

Xogabase o de Olveira poder entrar no Equipo Nacional sub 23 e tivo a mala fortuna de que un erro na calculo dos seus tempos o obligaba a repetir manga cando tiña unha manga limpa de penalizacións, e un tempo para estar olgadamente na final. Pero os arbitros en vez de atopar o seu erro, optaron por ofrecerlle coma única opción a repetición da súa manga. O padeixeiro que entrena en La Seu ás ordes do técnico Pere Gerrero tivo que cambiarse e facer a manga nunhas condicións que non eran as adecuadas para alguén que loitaba por uns obxetivos tan esixentes coma os que Iago afrontaba. Finalmente repetiu prácticamente o tempo da manga xa realizada, pero unha penalización de dous segundos o mandou da octava a decimosegunda plaza, e desa forma fora da final e perdendo calquera opción de poder loitar pola plaza na Selección Española.

Iago Canosa en Sort-Foto-Rosa Fernandez Carrera

O resto da representación dumbriesa

Non só Lorena e Iago estaban presentes neste Campeonato de España. O Cadete Brais Pérez fixo as súas mellores mangas da tempada e demostrou que se sigue nesta liña o ano que ven a ben seguro que estará loitando por entrar nas finalis das Copas de España. Na categoría Xuvenil papel desigual de Kiara Martinez, Miguel Castro e Cristian Martinez, cunha xornada de sabado moi satisfactoria, pero cunha xornada de domingo para esquecer. O mesmo que os abridores Brais Sanchez e Marcos Sanchez, en especial este último, que despois de imporse os mellores infantiles de España o sabado, pifiou na ronda final do Domingo, nunha competición que era a antesala da Copa de España de Xoves Promesas qeu se disputa este vindeiro fin de semán no mesmo escenario.

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción QPC (info@quepasanacosta.com).