Un serio Soneira colle folgos para unha semana clave

Importante vitoria do Soneira ante un dos grandes da categoría. O Soneira non permitiu apenas unha ocasión de gol, e abre con estes 3 puntos unha fenda de 4 puntos co grupo de abaixo que dan traquilidade de cara a vindeira semana, que afronta 3 encontros vitais. I é que o vindeiro domingo xogará contra o Foz en Lugo; o mércores recibe ao Viveiro, e o domingo seguinte viaxa a Padrón para enfrotarse ao Flavia. 3 conxuntos que loitarán co Soneira por evitar o descenso.

Soneira - Betanzos (1-0)

  • Soneira: Fran (Pose, min.25), Ferreiro, Pablo, Javi, Vecino, Santi, Miguel, Michel, Víctor García (Iago, min.10) (Dieguito, min.89), Vituco (Vía, min.75), Fran de Urroa (Mario in.89).
  • Gol: 1-0, min.65: Iago de volea tras un pase de Vituco nunha contra.
  • Lesións: o meta Fran con rotura de fibras e Víctor Gacría cun golpe na espalda.
Ponse o mono de traballo o equipo de Manolito cando chega un dos de arriba ao Municipal de Vimainzo. O encontro trascorreo con dominio visitante e cun Soneira moi ordenado saíndo á contra cando se pode. En total apenas pasaron das 3 ou 4 ocasións, pero o Betanzos apenas inquedou a meta de Iago, que substituiu a Fram lesionado cunha rotura de fibras. Iago marcou nunha das saídas do conxunto local, e tras pase de Vituco empalou unha volea que se colou pola escuadra visitante, facendo que os 3 puntos quedasen na casa.

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de Deportes de QPC (deportes@quepasanacosta.gal).