Un trasatlántico sobre a falla de San Andrés

Magnánima cita en Zas entre o líder da Liga da Costa e un Fisterra no seu mellor momento en anos; na Terceira hai un ascenso sobre o tapete entre Corcubión e UD Monte Louro
Os capis de Zas e Fisterra danse a man no choque do ano pasado-Foto-Alejandro Mel Así como a Premier League ou a NBA modifican a propósito a orde dos calendarios para programar os partidos grandes en momentos especiais, parece feita polo mesmo patrón a xornada post Semana Santa na Liga da Costa. Segunda e Terceira Autonómica viven unha bifurcación nos seus caminos con dous cruces que marcarán o desenlace da historia. San Andrés de Zas acolle posiblemente un dos dous mellores partidos que se poden ver na categoría raíña, co enfrontamento entre o Sporting, líder, e un Fisterra que navega a tres puntos. O 'barco', como ten nomeado a familia verde ao proxecto deste curso, chega a un porto no que saberá se sela o pasaporte á gloria ou tomará un punto de retorno de cara ao ano que ben. Os ingredentes son tan magnánimos e brutales como, por exemplo, o enfrontamento entre os dous máximos goleadores da competición, David Blanco e Adrián, que suman entre ambos 68 dianas. O precedente do partido da primeira volta fala tamén de emoción ao grande, con 1-1 e unha igualada final in extremis por parte do Sporting. A orde, o rigor táctico a unha efectividade ofensiva brutal son patróns comúns para dous equipazos. O momento ten creado unha expectación grande na vila do Cristo, ata o punto que haberá desprazamento masivo. Imaxinen a Nacho aos seus cual armador do Titanic na súa viaxe inaugural dicindo: que todos vexan como navega. E mentres en Coristanco o San Lorenzo xogará cun ollo na Rocheira e outro en San Andrés, coa potencialidade de ser o gran beneficiado da xornada. Por outra parte, na loita por evitar o descenso, o Porteño-Ameixenda, Mazaricos-Volantes e Buño-Camariñas son tan incertos como necesarios para os implicados.

A gran final da 3ª

Un escalón máis baixo é precisamente o que tratarán de evitar na Terceira Autonómica Corcubión e Monte Louro, que na cita de Cubaleiro desputan unha timba de póker co ascenso á Liga da Costa como 'ciega'. O que leve os tres puntos é de Segunda Autonómica. Así de simple, a pesares dos tres tropezos seguidos dos locais. O líder Laxe, pola súa banda, poderá igualar e celebrar na casa ante o Nantón. Máis arriba, na Primeira Autonómica, outro barco que navega con rumbo directo é o dun Soneira que recibe ao Lesende de Sil no Municipal, nun partido sobre o papel asumible. Haberá derbi no Cairo entre un Corme máis necesitado que o Outes, mentres que o aguerrido Piloño pon a proba a un crecente Sofán. É favorito en Ribeira o Baio ante o Palmeira, e de puntuar os do Platas Reinoso darán un paso moi importante.
Cartel promocional do partido da UD Corcubión
Louro tamén alenta aos seus Arriba de todo, na Preferente, a visita do Bertamiráns é durísima para un Xallas de moda, mentres que o Dumbría rima con utopía na súa loita, esta vez no campo do Castro. Non o terán fácil os seus equipos de base de élite: o Xuvenil de Gallega en Lalín ante o quinto clasificado e o Cadete de División de Honor co histórico Conxo.  

Preferente Norte, xornada 31

 

Primeira Autonómica, xornada 29

Segunda Autonómica, xornada 29

Terceira Autonómica, xornada 26

Xuvenil - Liga Galega, xornada 28

Lalín 03/04 - 12:00 Dumbría

Cadete - División de Honra, xornada 28

Dumbría 03/04 - 12:00 Conxo
 

Copa da Costa Xuvenil, volta dos Oitavos

 

Primeira Cadete, xornada 27

Primeira Infantil, xornada 27

 

AlevínCosta Sur F8, xornada 25

AlevínCosta Norte F8, xornada 5

BenxamínCosta Sur F8, xornada 25

BenxamínCosta Norte F8, xornada 5

Prebenxamín Costa F8, xornada 6

 

Veteranos, 1ª División, xornada 26

Veteranos, 2ª División, xornada 26

 

Novas relacionadas

Máisinformación

Fonte

  • Guillermo Parga (guillermoparga@quepasanacosta.com).