Unha decepcionante derrota deixa ao Ponciano Nieto preto do descenso

Decepcionante derrota do AD Zas Ponciano Nieto en Vigo ante o Mercantil VigoTM

Non foi unha boa xornada para o tenis de mesa costeiro. O único resultado positivo foi o conseguido polo A D Zas Construcciones Cernadas que derrotou ao líder do grupo da 1ª Gaega en Pontevedra, onde o equipo local notou a ausencia do seu nº 1.

De fracaso e decepción pódese decir que a derrota do AD Zas Ponciano Nieto ante o penúltimo clasificado na 2ª División Nacional, con este resultado o equipo zaseiro está casi en 3ª nacional. Non aínda matematicamente non pero aquí as contas non van a dar. Como sempre loitarán ata o último partido.

E tamén de sorpresa e decepción foi a derrota do Concello de Mazaricos ante o colista Vilagarcía TM, poisnon estiveron ao seu nivel habitual ningún dos xogadores mazaricáns. A que xa foi máis normal foi a derrota dos de SD A Baña ante o novo líder do grupo (cun partido máis que Santa Comba) aínda que un pouco abultada para os merecementos de cada un.

 

2ª División Nacional Masculina

  • Resultado: AD Zas Ponciano Nieto – Mercantil Vigo Tenis de Mesa (2-4)

Fallou o numero un local, Edu Quintela, fichado para gañar este tipo de partidos e desta forma non se consiguen os resultados apetecidos. Moi ben Miguel Rey gañando os seus dous partidos, e Brais non foi capaz nin siquera de gañar un set ante os veteranos de Vigo. Con este resultado está o equipo zasence sentenciado a terceira división, esperanzas quedan, é o último que se perde, pero posibilidades moi poucas, so loitar ata o final e pensar de que a experiencia si foi positiva.

1ª División Galega
  • Resultado: Monte Porreiro Mixto – AD Zas Construcciones Cernadas (1-4)
  • Resultado: Concello de Mazaricos – Vilagarcía Tenos de Mesa (3-4).
Monteporreiro Mixto e AD Zas Construcciones Cernadas Moi bo resultado o conseguido polo AD Zas Construcciones Cernadas na mañá do domingo en Pontevedra ante o líder do grupo, e, ademáis dunha forma clara e de forma contundente nos parcias de cada partido. Os de Monteporreiro xa case se daban por derrotados ao non contar co seu número 1, pero esto non quita os méritos dos zasences. Moi ben Miriam Domínguez e Luis Ferreira gañando claramente os seus partidos e a Raúl tocoulle o día dos seus altibaixos e non conseguiu a concentración para gañarlle como xa fixo outras veces a Martín. Sorpresa e das gordas e negativa foi a que deron os de Mazaricos coa súa derrota ante o colista do grupo. Estaban moi confiados pero este revés serviralles para poñerse a pilas nos entrenos e nos partidos. O Concello de Mazaricos leva unha racha negativa que xa dura moitas xornadas.  

2ª División Galega

  • Resultado: Arteal “B” – SD A Baña (4-0)
Puxeron moito ímpetu e loitaron cada punto os de A Baña ante os veteranos de Arteal e estes usaron toda a súa veteranía para imponerse aos xovenes xogador/as de A Baña. Estes melloran cada día e este tipo de partidos axudalles mais se cabe na súa formación.  

Concentración escolar en A Bañ

Cee en benxamín, Zas en alevín masculino e femenino, A Baña en infantil masculino e femenino, Mazaricos e Zas en cadete masculino e Zas en cadete masculino foron os equipos que gañaron todos os partidos da concentración escolar que se celebrou o sábado 3 en A Baña nun ximnasio que todos, deportistas e país, alabaron polo acondicionado que estaba, calefacción incluida. Tamén gañaron partidos o resto de participantes que acudiron de Noia, Outes e Vimianzo aparte dos lugares xa nomeados. En total xuntaronse 65 deportistas aos que acompañaron numerosos país que querían ver como se desenvolvían os seus fillos neste deporte tan difícil ao principio. Moi bo ambiente entre todos no xogo e no público. Agradecer dende aquí a colaboración do Concello de A Baña, do CPI San Vicente e sobre todo a Roi Sixto (mestre no CPI), pois grazas a el hai tenis de mesa e este tipo de xornadas en A Baña.

Crónicas da tempada

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)
  • Stevo Lema.