Unha emotiva homenaxe a Manuel Ferreiro Antelo, árbitro recentemente falecido nun accidente

Os pquenos do Outes no I Memorial Manuel Ferreiro Antelo
Manuel Ferreiro Antelo

Tremendamente emotivo o I Memorial Manuel Ferreiro Antelo, árbitro de Outes tristemente falecido en accidente fai un mes. O colectivo arbitral de Boiro organizaba este acto no Cunchido coa colaboración do Outes.

Pequechos da Serra, de Noia, de Cabo de Cruz, de Esteiro, Muros, Porto do Son, Fisterra ou A Coruña, participaron neste torneo de fútbol base que servirá para lembrar a fundamental labor arbitral, inculcando dende abaixo o respecto e admiración que fai falta para este comprometido colectivo.

Trofeos do I Memorial Manuel Ferreiro Antelo

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).