Unha homenaxe carballesa polas 5 medallas estatais do Club Sysca

Menudo nivel o do Club Sysca, que conseguiu 5 medallas no Campionato de España de Salvamento, disputado hai unhas semanas en Castellón. Onte, alcalde e concelleiro de deportes carballeses quixeron recibilos no Concello nunha recepción oficial na que tamén participou o seu adestrador, Luis Velo, que asinou xunto aos medallistas no Libro de Honra do Concello, no que todos fixeron constar o seu agradecemento polo recoñecemento e o seu orgullo por representar a Sysca e a Carballo.

Por equipos, o relevo formado por César Varela, Marcos Souto, Jorge Blanco e Iago Abelenda acadou o segundo posto na proba de 4x50 obstáculos na categoría júnior, ademais de bater o récord galego. Jorge Blanco e César Varela foron terceiros tamén en lanzamento de corda. E, aínda que non houbo medalla, no relevo de 4x50 combinado bateron tamén a mellor marca de Galicia. A nivel individual, a xuvenil Alejandra Iglesias foi 3ª en 100 metros socorrista.

Fonte

  • Concello de Carballo.