Unha Selección da Costa Xuvenil xogará un partido solidario en Muros contra a Selección Galega sub16

Presentacion en Muros do choque solidario da Seleccion Xuvenil da Costa Foi presentado esta mañá no Concello de Muros, o partido solidario que disputará o vindeiro mércores 19 de decembro, ás 18:00h, no Eleuterio Balayo, entre  un combinado xuvenil do Fútbol da Costa coa Selección Galega sub16. Juan Villamisar, vicepresidente da RFGF, acodíu ao acto presidido pola alcaldesa muradá, María Xosé Alfonso, e que contou tamén coa participación de Vinto, responsable dos organizadores, Os Miúdos e voluntario de Cáritas. O choque servirá para recadar comida para Cáritas. Deste xeito, a organización invita a levar alimentos non perecederos ao campo.

Lista de convocados

Esta é a primeira lista de convocados dunha selección xuvenil costeira, escollidos polo adestrador Skío (Fisterra) e o seu segundo, Mario (Xallas), para o seu primeiro adestramento, que terá lugar o xoves 13 de decembro en Dumbría.
  • Alejandro Sendón Lago (Dumbría).
  • Samuel Castro Vila (Dumbría).
  • Diego Estévez Canosa (Dumbría).
  • Ryan Kaio Caldeira dos Santos (Outes).
  • Javier Bermúdez Blanco (Corme).
  • Lucas Vicente Vidal (Corme).
  • Víctor Espasandín Bouzas (Xallas).
  • Fernando Pensado Bergantiños (Xallas).
  • Álvaro Farinos Cruz (Esteirana).
  • Juan Formoso García (Esteirana).
  • Ismael Senande Fernández (Os Miúdos).
  • Jesús Rodríguez González (Os Miúdos).
  • Alberto Balayo González (Os Miúdos).
  • Ezequiel Martínez Canosa (Fisterra).
  • Isaac Fábregas Trigo (Fisterra).
  • Adrián Rodríguez (Bergantiños).
  • Pablo Vidal Ferreiro (Zas).
  • Brais Pereira Fernández (Soneira).
 

Novas relacionadas