Ventos do Norte
24 de febreiro de 2017 (01:39 h.)
A atención na Liga da Costa pasa por varios enfrontamentos veciñais da zona de Bergantiños, mentres que por arriba o derbi entre Outes e Fisterra é cuestión de sobrevivir para os pupilos de Alfredo Cambeiro
O Sofán ven de vencer en Laracha - Foto: SD Sofán
Entra nas últimas dez xornadas unha Liga da Costa que ten pasado por aparentar cousa de dous, tres ou como agora catro equipos. Se ben esta vez non haberá enfrontamentos directos, si que nun radio non demasiado extenso haberá grandes cousas en xogo. Polo Norte cheirará a título. O líder Corme non o terá nada sinxelo ante un Cerqueda antagónico en moitos aspectos (non no arraigo ao pobo) e que ven de representar unha das sorpresas do exercicio. Moi preto, no Pinguel, o Ponteceso, que pasa por ser un dos conxuntos máis en forma, recibe a un exfavorito como o Castriz, con tódalas armas para a noventas minutos resultar canto menos un visitante non desexado. Aínda en Bergantiños o avallador San Lorenzo agarda a chegada do alegre e ofensivo Monte Louro, que xa sabe o que triunfar en feudos difíciles. Algo menos trascendente clasificatoriamente será o histórico derbi entre Malpica e Buño, e de dramático pode calificarse o Laxe-Unión Club Cee, co histórico xigante nunha situación de verdadeiros apuros. Cambiando de comarca e tirando para o Sur en Baio e na Ponte do Porto quedan dúas frontes chave: en Platas Reinoso coa chegada do Camariñas e na Grixa un choque directo pola salvación entre Porteño e Corcubión.
Partido marcado a lume haberá na Primeira Galega, co Fisterra visitando a un Outes coa moral recuperada e que ten ese carácter do 'pódese' que ten impregnado Alfredo Cambeiro. Houbo igualada na primeira volta e o factor motivacional, ou máis ben de necesidade, pode inclinar a balanza. Non pode permitirse máis erros o Dumbría, que recibe no Conco ao Silleda con só dous puntos de vantaxe sobre o Agolada. Os pontevedreses teñen un compromiso sinxelo en Villestro. Para o Zas a visita do Val do Ulla debe ser a recuperación das sensacións positivas.
Non pinta sinxelo o menú nnha Preferente onde o Soneira terá que viaxar ó sempre difícil centro da provincia de Lugo para medirse ao Escairón, mentres que un candidato ao ascenso como o Polvorín (filial do equipo de Segunda División da provincia) viaxa ao Carral de Sofán. Máis sinxelo debería telo o Xallas co Sporting Sada, equipo en crise.
Pasados os sustos da semana anterior, a normalidade debería regresar á Terceira, e nada mellor que un Lira-Nantón entre alternativas ao ascenso. O líder é favoritísimo co filial do Outes, ao igual que o Ameixenda co Camelle.
LigaBenxamínSur, xornada 18
PreferenteNorte, xornada 26
1ªAutonómica, Gr.2, xornada 24
2ªAutonómica, Gr.2, xornada 24
LigaGalega Xuvenil, xornada 23
1ªXuvenil, Gr.2, xornada 19
1ªXuvenil, Gr.3, xornada 23
LigaGalega Cadete, xornada 23
1ªCadete, xornada 20
LigaGalega Infantil, xornada 22
1ªInfantil, xornada 22
LigaAlevínSur, xornada 18
LigasVeteranos, 1ª División
LigasVeteranos, 1ª División
Máisinformación
- www.copadacosta.com.
- As táboas de resultados e clasificacións en www.futboldacosta.com. Piquen dende o seu teléfono e pulsen “Engadir a pantalla de inicio”, para ter sempre os resultados no peto.
- A actualidade no Facebook “Fútbol da Costa”.