Verdillo ponse TOP
- Partidazo nas Pedreiras entre San Lorenzo e Fisterra, terceiro e segundo clasificados, que ademais atravesan polo seu mellor momento do curso; Baíñas e Castriz xóganse un ultimátum e en Primeira Autonómica o Soneira deberá lidiar cunha difícil saída.
En plena xeira triunfal, San Lorenzo de Verdillo e Fisterra teñen esta fin de semana un subidón de adrenalina en forma de cruce directo, que curtará algunha, ou as dúas, dinámicas máis positivas da cabeza da táboa da Liga da Costa. Os carballeses, xunto co Zas o equipo máis realizador da competición, se miden a un rival que ven de tumbar a Baíñas e Castriz consecutivamente. Precisamente, vimianceses e combeses se xogan a outra gran cita de candidatos, aínda que neste caso o que pinche prácticamente quedará descolgado da carreira. Parece un panorama a pedir de boca para Sporting Zas e Ponteceso, quen non deberían ter tantas dificultades ante Carnota e Camariñas, respectivamente. Na loita pola permanencia, San Paio de Refoxos será o escenario para un interesante Ameixenda-Volantes, cos muradáns deixando boas sensacións.
Un escalón máis arriba, na Primeira Autonómica, o Soneira terá no Agolada e no seu campo un difícil menú de domingo. Pequenas dimensións e un fútbol tan directo coma opuesto ao dos vimianceses. Pola súa banda, Outes e Baio, en Cordeiro e Sigüeiro, terán tamén unhas viaxes de pronóstico difícil, ante rivais da loita polo ascenso a Preferente Autonómica. O Sofán, en Palmeira, parece que pode ter unha tarde máis prácida. Retorna a casa o Malpica, ante un Unión con moito poderío ofensivo.
Esgótase o tempo nunha Preferente Autonómica na que Dumbría e Xallas xogan na casa, e o fan coa necesidade imperiosa de vencer. Para os de Julián Ferreiro, que tiveron mala sorte na visita a Bertamiráns, o Paiosaco parece un prato de difícil dixestión, non coma a Sarriana, máis propicia para os intereses xalleiros.
E na Terceira Autonómica, o equipo máis en forma, o Monte Louro, ten coa chegada do Nantón a Agra de Filgueira unha trampa de novente minutos. A domicilio, Corcubión e Laxe non deben ter problemas en Lira e co Seaia.
Invita a unha nova vitoria o rival do Dumbría de Liga Gallega Xuvenil, un Órdenes colista e en serios problemas. O irmán pequeno dos de Diego Lobelos, o Cadete, vai a Caranza para enfrontarse ao Galicia, unha nova pedra na loita pola salvación.
Preferente Norte, xornada 25
Primeira Autonómica, xornada 23
Segunda Autonómica, xornada 23
Terceira Autonómica, xornada 20
Xuvenil - Liga Galega, xornada 23
Órdenes | 13/02 - 16:00 | Dumbría |
Cadete - División de Honra, xornada 23
Galicia Caranza | 13/02 - 11:00 | Dumbría |
Liguilla de Ascenso Xuvenil, xornada 5
Liguilla Copeira Xuvenil, xornada 4
Primeira Cadete, xornada 21
Primeira Infantil, xornada 21
AlevínCosta Sur F8, xornada 19
BenxamínCosta Sur F8, xornada 19
Veteranos, 1ª División, xornada 20
Veteranos, 2ª División, xornada 20
Novas relacionadas
- Néstor Ranieri.
- Análise das posibles arrastres: Hai marea… comarea.
Máis información
- O cadro da Copa da Costa 2016.
- As táboas de resultados e clasificacións en www.futboldacosta.com. Piquen dende o seu teléfono e pulsen “Engadir a pantalla de inicio”, para ter sempre os resultados no peto.
- A actualidade no Facebook “Fútbol da Costa”.
Fonte
- Guillermo Parga (guillermoparga@quepasanacosta.com).