As bravas Vila de Cee, campionas da Liga Provincial no seu terceiro ano de vida

FSF Villa de Cee campionas da Liga Provincial Con 3 xornadas de marxe, con 55 puntos e 104 goles a favor e só 26 en contra, o FSF Villa de Cee proclamábase Campionas da Liga Provincial 15/16, no seu terceiro ano en competición. As de Juan Jesús vencían no choque ante as 2ª, as herculinas do Grupo Work, e deixan sentenciada unha Liga con claro cor vermello. Unha alegría ceense completada polos mozos de Fran Toba, que vencían nada menos que na cancha do intratable líder, Brión, e se aseguran na 2ª praza cando quedasó unha xornada. Non foron as únicas alegrías da fin de semana na que tamén venceron as Roxiñas de Lira e as Atletes de Esteiro, que aproveitaron a debilidade das pechacancelas para resarcirse co gol. Na Liga Autonómica, o Fisober puxo fin á boa xeira de resultados (non coñecía a derrota neste 2016) caendo en Dumbría ante o líder da categoría, o Moaña, quedando agora as (tamén) de Fran Toba a 4 puntos a falta de 5 xornadas.  

Liga Provincial, xornada 23

  • Resultado: Grupo Work F.S.F. - FSF Villa de Cee (1-5).
  • FSF Villa de Cee: Vanesa, Alba, Adriana, María de Dumbría e Tatiana. Participando tamén Paula Trinidad, Marta, María Lijó, Lucía, Andrea e Carla.
Partidazo das de Juan Jesús na Coruña no partido máis importante do curso, pois as ceenses sabían que se xogaban a Liga. O choque comezaba con moito respecto, e as ceenses esperaban atrás, sen arriscar, pensando en saír á contra. A posesión era herculina, con balón en media pista sen chegar a profundizar e non creaban case ningunha ocasión de gol, e as poucas veces que chegaban arriba eran ben controladas entre a defensa ceense e a porteira Vanesa, que estivo fantástica. Foron sacudíndose os nervios as vemellas, e no ecuador da primeira parte nunha presión de Tati cando as rapazas do Grupo Work intentaban sacar o balón de atrás obrigou ás coruñesas a facer unha cesión a súa porteira que foi pitada coma falta ó borde da área. Falta que cun forte disparo transforma Andrea e poñendo o marcador 0-1 a favor das Ceenses. No resto da primeira parte as ceenses foron a polo partido e chegaron a disfrutar de varias ocasións para ampliar a vantaxe. As rapazas do Grupo Work non deixaron de intentalo, e disfrutaron dun man a man ca porteira onde Vanesa estivo espectacular. Final da primeira parte 0-1. Na segunda parte e ca vantaxe no marcador, as de Juan Jesús sabedoras da importancia de gañalo partido, e que a renda de o 0-1 era moi pouca, fóronse a polo rival, pasaron a dominar o xogo e a buscar a portería contraria, cunha Andrea motivadísima, unha Tati espectacular, María de Dumbría intensísima, Adriana e Alba súper concentradas, unha Marta contundente e as pequenas do equipo María Lijó, Paula e Lucía totalmente enchufadas e Carla eufórica, conseguiron impoñerse o rival acabando cun resultado de 1-5, con tres goles de Andrea e dous de Tati. As estrelas esta semana tócanlle 3* para todo o equipo, 3* para todo o corpo técnico, 3* para toda afición, 3* para todos os patrocinadores do Club, etc. O vindeiro sábado toca recibir o “Santiago Futsal A Gaiola” na casa e aplaudir ás nosas Campionas. [fbvideo link="https://www.facebook.com/226756067478652/videos/595974540556801/" width="660" height="400" onlyvideo="1"] [fbvideo link="https://www.facebook.com/226756067478652/videos/595970163890572/" width="660" height="400" onlyvideo="1"]

Liga Autonómica, xornada 25

  • Resultado: FISOBER F.S.F. – OPIRATA F.S. MOAÑA (0-2).
  • FISOBER: Leti, Ana, Inés, Mai, Noe; tamén xogaron: Andrea Piroja, Paula Fandiño, Tamara, Nuriña.
  • Goles: 0-1 Lety, (descanso), 0-2 Sonia.
Andrea Piroja co Fisober Púxose fin este sábado a xeira do Fisober que aínda non coñecía a derrota en 2016 é que chegou ata Abril. Esta derrota non desluce o espectacular arranque de ano con dez vitorias e un empate en liga e ca conquista da Copa da Costa polo medio, máis sabendo que a gran maioría do plantel chegou dende o filial a principio de tempada. No partido en si merecida vitoria dun Moaña que amosou as razóns polas que vai líder, con xogadoras curtidas en mil batallas e con ampla experiencia , algo que pesou nas cabezas das xóvenes xogadoras locais que xogaron demasiado nerviosas. Comezou o encontro cun lanzamento da costeira Noe que enviaba a saque de esquina a porteira visitante Silvia. Pero non tardou en contestar o Moaña cun lanzamento ó pau de Sonia. O partido xogábase o ritmo que marcaban as visitantes, concretamente o ritmo que marcaba Kiko. Aínda que non aparecían as ocasións as locais mostrábanse imprecisas e nerviosas. Ata que os sete minutos nun erro das locais a moañesa Lety aproveitaba para poñer o cero a un no electrónico. O gol fortaleceu aínda máis as visitantes. Ós trece minutos apareceu a mellor ocasión das locais nesta primeira metade pero Inés non foi quen de superar a porteira visitante Silvia. O Moaña respondía por mediación de Nahir pero non superaba a porteira local Leti que fixo unha gran actuación durante toda a tarde. A falla de cinco minutos o Fisober cometía a quinta falta o que comprometía aínda máis o seu partido. De novo aparecía Leti para frear unha ocasión da visitante Sonia.E no lado contrario era Silvia a que aparecía ante Inés. Co cero a un chegouse o tempo de lecer. Non puido comezar peor a segunda metade para o Fisober xa que na primeira xogada Sonia facía o cero a dous para as visitantes. Unha lousa demasiado grande para o Fisober. O duro golpe tocou as locais que se sostiveron no partido grazas o bo facer de Leti na portería mentras pasaban os minutos, tendo as visitantes Heba ou Kiko moi boas ocasións. Mediada esta segunda metade Noe tiña unha boa ocasión nun libre indirecto. O ritmo de partido era o que querían as visitantes igual que na primeira metade. Así que as locais decidiron cambiar algo o guión e tiraron do xogo de cinco adiantando a Leti nos seis últimos minutos para tomar o mando do partido. O Fisober pasou a dominar o partido cos consabidos riscos nas perdas de balón. As locais buscaban un gol que as metera no partido e tiveron algunha ocasión que non foron quen de materializar. O Fisober non deixou de loitar e tentalo ata o último segundo pero o final o resultado non se moveu e os puntos viaxaron cara Moaña de forma xusta.  

Liga Provincial, xornada 23

  • Resultado: F.S. Pontedeume/Valdetires - A. D. Atletes, FSF (2-16).
  • A.D. Atletes FSF: Mariña (P); Sara; Marta; Bárbara (6); Antía (6); Ana; Sandra (4); Cris.
Partido correspondente a xornada 23, xogado no Pavillón Municipal A Casqueira (Pontedeume). Saíron as esteiranas, en este partido, con mentalidade atacante, e volcáronse dende o inicio do partido, sobre a portería das de Pontedeume. Empezaron marcando as do Atletes cando ían pasados cinco minutos do encontro, por medio de Bárbara. Este primeiro gol adormeceu ás de Esteiro, que a pesares de dominar o partido, no conseguían manter un xogo claro e fluído. Foron marcando por medio de Antía, Sandra e, de novo Bárbara, hasta catro goles en esta primeira metade. O gol das de Pontedeume foi marcado por Bárbara en propia portería. Na segunda metade, as de Esteiro, serenaron o seu xogo, asentáronse debidamente no campo de xogo e lograron, de esa maneira, levar moito perigo a porta das de Valdetires. Estas non sabían como conter os ataques constantes levados por Bárbara, Antía e Sandra. Atrás, o Atletes non se vía en perigo, e bastábase con Sara, Marta e Ana, para conter os escasos contraataques das de Pondedeume. Porén, nunha contra, Lucía, véndose soa ante Mariña bateu a ésta logrando o segundo gol das de Valdetires. As esteiranas foron marcando goles con moitas facilidades, que foron ben aproveitadas por Bárbara (6 goles) e Antía (6 goles), deixando o resultado final en un 16 a 2 para as de Esteiro. Cómpre destacar polo Atletes, evidentemente, Antía e Bárbara, moi ben acompañadas por Sandra que as sirveu de asistenta na maioría dos goles que ámbolas dúas marcaron. Sandra tamén tuvo o se premio o marcar catro goles.  

Liga Provincial, xornada 23

  • Resultado: Carnota Lira - Espartanas (5-0)
 

Liga Provincial, xornada 23

  • Resultado: Concello de Ponteceso FSF - Academia Redblue 5 Coruña (0-0)
  • A.D.VILA DE PONDAL-CONCELLO DE PONTECESO FSF: Melani, Carla, Noa, Carmen, Chus - tamén xogaron- Sandra, Martina, Ana, Cintia e Zeltia.
Dominaba o Ponteceso durante os primeiros minutos, co 5 coruña cerrado atrás e coas pontecesanas chegando á portería rival, pero sen claras ocasións. Carmen dispararía 2 veces, pero os balóns sairían desviados. A presión arriba das locais tamén faría que non progresasen as coruñesas cara a portería rival, pero co paso dos minutos foron chegando arriba e igualándose así o partido. Pasaría o tempo e iría disminuindo o ritmo do encontro. Seguirían probando con tiros dende a frontal ambos equipos, coas pontecesanas batendo de cada vez coa defensa herculina, co que se chegaría ó descanso co 0-0 inicial no marcador. A segunda metade sería unha copia da primeira. Parecía que volvían dos vestiarios enchufadas as xogadoras do cadro pontecesán, pero iso duraría un minuto. A partir de aí, o partido foi lento e sen ritmo por parte dos dous equipos. Apenas chegaban á portería rival para crear ocasións de gol, cos dous conxuntos probando con tiros dende lonxe, pero sen acertar ninguén de cara ó gol. Remataba así o encontro co resultado inicial, un empate a 0 que lles da un punto a cada un, deixando ós dous equipos na mesma posición na táboa clasificatoria.  

Liga Provincial Masculina, xornada 23

  • Resultado: Brión F.S. - FSF Villa de Cee (2-3).
  • Vila de Cee: Rafa, Mario, Juanjo, José Antonio e Carlos. Participando tamén Champi, Hidalgo, Estrella e Tomás.
Tocoulles viaxar a Brión os Ceenses na tarde do Sábado e enfrontarse ante o líder no Pavillón Municipal de Brión e ante unha entrada aceptable. Non defraudou o partido en ningún momento, xa que os dous equipos marcaron un ritmo altísimo. A primeira parte foi perfecta para os Ceenses, conseguindo irse o descanso cun 0-2, goles obra de José Antonio e Champi. Na segunda parte o Brion subiu lineas e aumentou a presión sobre os Ceenses, os cales tiñan dificultade en sacar o balón controlado, así nunha contra Juanjo consegue marcar o 0-3. Tocoulle defender a vantaxe os Ceenses mentres o Brión intentábao a desesperada , conseguindo poñerse 2-3, resultado final do partido. Tocará rematar a liga na casa recibindo o Pulpo Móvil o vindeiro 16 de abril.  

2ª Nacional, xornada 21

  • Resultado: Viaxes Amarelle FSF - ADAE Simancas Codesu (5-4)
  • Viaxes Amarelle FSF: Carmen, Patri, Lago, Dolo, Sheila (cinco inicial), Laura Tesouro, María Gómez, Uxía Muñiz.
  • Goles: 1-0 Lago (min. 5); 1-1 Ana Cris (min. 14); 1-2 Ana Cris (min. 20); 1-3 Cristina Rodríguez (min. 22); 2-3 Lago (min. 25); 3-3 María Gómez (min. 28); 4-3 Dolo (min. 29); 5-3 Lago (min. 34); 5-4 Cristina Rodríguez (min. 39).
Nova vitoria das herculinas do Viaxes Amarelle, coma sempre coa muxiá Patri como titular, con remontada e todo. Quedan no alto da táboa as de Pili Costa tras unha gran segunda metade, esperando o choque da vindeiro sábado 9 de abril de 2016 a partir das 16:30 horas en Chiloeches (Guadalajara).  

Máis información

Crónicas da temporada

Outras novas do FSF

Fonte

    • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).