Xa está aberto o prazo de inscrición para a próxima cita do III Circuíto Correndo pola Costa da Morte: a VI Carreira Pedestre Concello de Vimianzo, que o ano pasado bateu marcas de participación.
A cita será o 24 de abril. Ás 10:30 horas terá lugar a carreira de Benxamíns e Alevíns e media hora máis tarde, será a 3K Contra o Cancro. Xa ás 11:40 dará comezo a 10K Senior, M40 e M50. Os interasados en participar deben inscribirse a través da páxina oficial do evento.
Precisamente esta semana dábase a coñecer un novo clube deportivo, Terra de Soneira CD, ten entre os seus obxectivos promover o atletismo e respaldar a todas as afeccionadas e afeccionados a este deporte da Terra de Soneira. Entre os seus socios conta con corredores e corredoras da talla de Pablo Mira, Michel Antelo, David Calzas, Cesar Vázquez, Martín Regueira, Fermín López, Paula Trillo, Vanesa Caamaño, Tamara Pose, Ana Antelo ou Fátima Gesto.
Novas relacionadas