Vimianzo acolle o 19 de maio a III Kronoeskalada

Un ano máis, e xa van 3, Vimianzo prepárase para acoller unha dura proba deportiva: a Kronoeskalada. Os organizadores - a asociación Cherinkas e o Club de Atletismo Terra de Soneira - sianaln que a probra deste ano terá "algún retoque que a fará máis atractiva" conservando igualmente a contra o reloxo pola carreteira que une a Esquipa (Cereixo) e o Campo da Areosa, cunha distancia de 6,6 km. e un perfil claramente ascendente. A proba combina dúas disciplinas, a pé e en bici, os participantes poderán escoller entre facer unha ou as dúas probas, haberá premios para os gañadores de cada proba e tamén para o gañador da combinación das dúas. A competición será o próximo 19 de maio. Primeiramente terá lugar a proba a pé que comezará ás 15:30 horas e a proba en bicicleta está programada para comezar ás 17:00 horas. Os interesados en participar deberán inscribirse no portal www.championchipnorte.com ata o xoves 17 de maio. Custe da inscrición é de 3€ para participar nunha proba e de 5€ para os que participen nas dúas. As bases poden consultarse no portal das inscricións, ou en www.cherinkas.org e nelas recóllense todos os detalles do evento. O punto de recollida de dorsais estará situado na meta, a cal se sitúa no Campo de Areosa, neste enlace pódese observar como chegar dende o centro de Vimianzo (https://goo.gl/ve1qs8). O desprazamento dende a meta á saída corre a cargo da organización, pero os participantes deberán estar, o máis tarde, ás 15:00 horas na zona de meta. Novas relacionadas Fonte
  • Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)
  • A.C. Cherinkas