Vimianzo prepárase para o 3x3 e as Prefestas

Non para a mocidade de Vimianzo de armar actividades. Para estas vindeiras datas xa teñen armadas un torneo 3x3 e unhas Prefestas.

Torneo 3x3

O Fisober e a Peña Fame Nejra arman para estes 1 e 2 de agosto o I Torneo de Fútbol 3x3, para recadar fondos de cara á temporada. Mañá, 31 de xullo, remata o prazo de inscrición, así que cómpre darse presa.

Prefestas de Vimianzo

Ademais, o xoves 7 de agosto, coma sempre para abrir boca, terán lugar as Prefestas de Vimianzo, na Praza Castelao, organizadas polo Bar London. Arrincarán os membros da Trubisquiña dende ás 21:15 amenizando a cea. Collerá o relevo Pedro Brandariz cun monólogo, para que Pablo Balseiro abra a noite musical cos seus ritmos, e Los Frikipaldis pechen a festa. Xa se sabe, en Vimianzo, se o fas ben, repites!

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).