Xa chegaron os cromos da SD Fisterra

Levaban 2 anos detrás dos seus cromos. E mesmo se lles adiantou o gran Álbum de Cromos do Fútbol da Costa. Pero finalmente, onte chegaban os cromos da SD Fisterra.

Nós xa coñecemos a ilusión que xeneran os cromos na Costa, e Fisterra, tras ser unha das vilas onde máis cromos do Álbum da Costa e venden, vólcase agora coas súas estrellas da casa.

I é que dende os máis pequenos, os Biberóns, ata os maiores, cada un dos seus máis de 150 xogadores, xa teñen o seu cromo, cal estrellas.

Agora tócalles o turno ás nais, pais, curmáns, mozas… e aos propios protagonistas, que sabemos de boa tinta que son dos mellores coleccionistas.

Parabéns á familia de Fisterra, e un saúdo para o míster dos maiores, liado coa apertura da súa nova tenda Máis Deporte en Cee, e para o seu Secretario, desaparecido en combate por motivos laborais, ao que botamos especialmente de menos nesta redacción.

Novas relacionadas

O Album de cromos do #FutboldaCosta

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).