Xa é outra cousa

Non houbo que lamentar ningunha derrota esta vez na Preferente, mentres que o comezo da Primeira deixou alegría só en Fisterra, e o da Liga da Costa a un imponente Corme coma primeiro líder
Triunfou o ilusionante Cerqueda en Camariñas - Foto: UD Cerqueda Parecía cuestión de adaptación a efectividade dos representantes costeiros nunha Preferente que viviu a súa segunda xornada, nun comezo de setembro marcado ademais polo comezo da Primeira e a Liga da Costa. Nesta última é o Corme o primeiro líder, tras unha exhibición en Louro que soa a aviso a navegantes. A categoría raíña, que deixara pleno de decepcións na súa baixada de telón, deixou esta vez serios motivos para o optimismo. Para a historia queda o primeiro triunfo, remontada incluida, do Sofán na categoría. Foi ante un Chantada que amosou canto custan tres puntos a este nivel. A piques estiveron de facer o mesmo un Soneira que se adiantou en Sada con tanto dun retornado ilustre de Urroa, e un Xallas ao que só lle faltou tino ante o Lemos. Un peldaño máis abaixo a cousa comezou variopinta. Non parece ter marchado Adrián nin que polo medio houbera un verán en Fisterra, onde un tanto de Jesús na recta final serviu para derrotar ao Lalín, un dos clubes máis grandes da historia do balompé galego. O resto foron todo sensacións amargas. O empate a pouca puntería entre Dumbría e Unión, ou as derrotas de Zas e Outes en Piloño e Sigüeiro. E na Liga da Costa, o que pintaba a partidazo foi exactamente iso. Baio e Baíñas pareceron xogarse un ascenso no seu debut e deixaron un espectáculo que confirma a ambos coma aspirantes a todo. Algo semellante sucedeu na Pedra Queimada entre os bergantiñáns Malpica e San Lorenzo, cos azuis enterrando definitivamente calquera tipo de dúbida que pudera xurdir. Do resto parece non ter habido cambio de tempada. O Ponteceso segue a gañar con oficio, o Buño a dar facilidades defensivas ou a Esteirana a protagonizar odas ao fútbol ofensivo. O Corme, primeiro líder, deulle unha contudente benvida ao novo proxecto do Louro.  

Preferente Norte, xornada 2

 

1ª Autonómica, Gr.2, xornada 1

 

2ª Autonómica, Gr.2, xornada 1

 

1ª Xuvenil, Gr.2, xornada 1

 

1ª Xuvenil, Gr.3, xornada 1

 

Máis información