Xa temos os calendarios dos Xuvenís, e da División de Honra Cadete e Liga Galega Infantil
Xa temos en www.futboldacosta.com os calendarios das Ligas de Xuvenís, Gr.3 e Gr.4, ademais do de División de Honra Cadete e Liga Gaega Infantil, onde tamén competirán equipos da nosa bisbarra,
Ligas Xuvenís
Esta campaña 2013-2014 teremos 2 grupos de 11 equipos cada un.
Polo Sur, temos a novidade do Lira, e ademais o Soneira finalmente estará xogando neste Gr.3 trala aparición do Castriz e a volta do Porteño para o Grupo Norte. A baixa do Zas deixa o Gr.4 tamén con 11 equipos.
A tempada comezaráo 31 de agosto, e rematará o 11 de febreiro, dando tempo á Liguilla dos 3 campións de cada grupo e a Previa da Copa.
División de Honra Cadete
Menudo nivel dos Juan Purrúa e Joaquín. O Dumbría 2013-2014 estará competindo co Deportivo, co Celta, o Racing de Ferrol ou o CD Lugo nunha División de Honra de 18 equipos, que comezará o 14 de setembro e rematará o 24 de maio.
Liga Galega Infantil
Triple presencia costeira na Liga Galega Infantil este ano. O Bergantiños, e o Dumbría de Pablo Conde e Serguei, recibirán a compañía do Xallas de Santa Comba de Santi Casal.
Será unha Liga de 22 equipos dunha soa volta, e a partir de aí se farán 3 grupos, un de ascenso e 2 de descenso.
O Album de cromos do #FutboldaCosta
Máis información
- Altas e Baixas no #FútboldaCosta.
- Facebook Fútbol da Costa.
- www.futboldacosta.com.
- Cadros da Copa da Costa 2013 e das Fases de Ascenso.
Artigos relacionados
- #regateegol: Anxo Garrido volve con máis entrevistas nas que podes participar.
- Alberto Pose: A miña homenaxe a un deses Presidentes que fan grandes o fútbol da Costa.
- Xosé María Lema Suárez: O ascenso, a celebración ideal do cincuentenario do C.D. Baio.
- Videoentrevista de Anxo Garrido con dous cadetes dumbrieses a piques de facer historia.
Fonte
- Redacción de QPC Deportes (deportes@quepasanacosta.gal).