Xa temos sorteo da I Copa da Costa Infantil

Onte tiña lugar en Baio unha nova reunión da Federación para sortear o que vai ser a I Copa da Costa Infantil. Xa coa I Copa da Costa Cadete só pendente da finalísima, e coa Liga Infantil rematada coa vitoria do Cee, os peques afrontan a súa primeira experiencia copeira.

A competición conta con 11 equipos, pois o Outes retirouse da competición, e os XSC e Dumbría da Liga Galega non participan por imperativo legal.

A competición comeza este 30 de marzo e a finalísima será o 18 de maio, pois o 25 xa comeza a Fase de Ascenso á Liga Galega na que competirá o cadro ceense.

Xa tedes o cadro premendo nas pestanas de abaixo en www.copadacosta.com.

Novas relacionadas

Máis información