Xornada completa para os equipos do Basket Xiria, Artai e ACB

Nova fin de semana de baloncesto, que trouxo ademais varios enfrontamentos comarcais. Choques amigables que enfrontaron ao ACB Costa da Morte co Basket Xiria. Estes foron os seguintes, cunha vitoria para cada bando en categoría cadete:
  • Cadete feminino: ACB Costa da Morte - ESCOLA BASKET XIRIA (24-55)
  • Cadete masculino: COPA GALICIA: ACB Costa da Morte - CARBALLO A UN PASO (68 - 49).
Estreábase ademais o equipo sénior do ACB Costa da Morte nun amigable contra o B. Laracha no que o conxunto ceense caía por un apretado 44-48. Este venres volven xogar outro amigable en Arteixo.
Ademais, outros equipos do Basket Xiria disputaron varios partidos amigables:
  • Sénior masculino: CB Culleredo - CARBALLO AUN PASO (66 - 66).
  • Cadete masculino: COPA GALICIA: CARBALLO A UN PASO - Rosalía Fedesa (55 - 62).

Fin de semana Artai

Marea de partidos para os equipos do Artai, pero na que hai que destacar a Xornada de Deporte Adaptado. A xornada promovida por Manolo Cantelar e Loli Alonso dividiuse en dous partes: pola mañá unha exhibición de boccia e de tenis en cadeira de rodas e pola tarde unha sesión de adestramento por parte do equipo de Basketmi de Ferrol. A xornada foi un éxito, como o cualificou Manolo Cantelar e durante a xornada da tarde, a sesión de baloncesto congregou a numeroso público no pabellón da Zona Escolar. Ao final da mesma, os xogadores pousaron cos equipos junior e cadete do club ,quen antes probaron a súa destreza no uso das cadeira de rodas.

Copa Galicia infantil masculina-Xornada 3

  • Resultado: B.S. SOLOGAS -C.B. ARTAI (62-34).
  • Parciais: 11-14 20-4 12-10 16-9.
  • CB ARTAI: Pablo, Iago Caamaño (3), Carlos (8), Edu (9), Manu (5), Juan (6), Ruben, Yago Iglesias, Marco (3) e Manu Abelenda.
Terceira xornada de copa para os infantís do cole e segunda derrota. Unha vez máis a falta de ritmo e as baixas fixeron que os do cole pelexasen ata que se lles acabou a gasolina, pero un parcial fatídico deixounos sen o partido. As primeiras vantaxes chegaron da man de Juan González (impresionante partido do xogador artaico) para os do cole, que durante o primeiro cuarto aguantaron ben aos ferrolanos. Dous fallos case ao final do cuarto inclinaron o parcial a favor de Basket School 14-11. E de súpeto, os verdes empezaron o segundo cuarto cun punto máis de intensidade, defendendo con máis pernas e presionando a toda pista. En ataque estático buscaban a Castro, que aproveitou a súa altura para anotar baixo o aro á primeira, segunda, terceira ou cuarta opción; sen que os do cole puidesen facer gran cousa. 20-4 acabou este cuarto. A segunda parte foi máis igualada na que os azuis aguantaron ben a pesar do cansazo. Ambos parciais foron para os ferrolanos, en parte polas canastras fáciles permitidas polos artaicos (que non estiveron finos nas axudas) e os fallos en ataque, onde tras mover ben a bóla e conseguir boas posicións de tiro librados, ninguén se atrevía a tirar e a acción acababa con sanción por fin de posesión. Iso, unido a que os do cole non anotaron de segunda opción nin unha vez, mentres que os locais conseguían posesións extra case en cada xogada grazas aos rebotes de Castro, propiciou unha derrota un tanto dura.

Junior masculino, amigable

  • Resultado: Carballo Basket - CB Arteixo (48-52).
  • CB Artai (8+11+8+14+7): Diego (19), Marcos, Mario, Juan, Andrés (6)-cinco inicial-Javi (5), Sergio (4), Xoel (12), Iván (2), Alberto e Fran.
Derrota do equipo junior no seu primeiro partido de pretemporada ante o equipo senior B do CB Arteixo dirixido por Iván García. Partido disputado no pabellón da Zona Escolar con numeroso público nas gradas e que serviu a ambos equipos a preparar a primeira xornada de liga. Gañaron os "maiores" tras unha prórroga nun partido moi espeso, con muchísimos erros e onde toda a emoción quedou reservada para os últimos minutos do partido e para o tempo suplementario. Queda moito traballo para ambos equipos ,sobre todo para os carballeses que teñen que axustar a xogadores de distinta procedencia ( cinco son do CB Artai, catro do Carballo Basket, tres de Baio e dous de Ponteceso). O sábado arrinca a liga para os carballeses visitando ao equipo junior do CB Arteixo.

Cadete feminino, amigable

  • Resultado: CB Artai - Maristas (28-82).
Último partido de pretemporada para as xogadoras de Iván Villaverde que caían de forma contundente contra o equipo máis potente da liga que arrincará o próximo fin de semana. As numerosas baixas das carballesas marcou o desenvolvemento dun partido que se supoñía máis igualado visto o que sucedese facía unha semana na pista coruñesa.

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).