Xuvenil Norte: Todos pendentes da gran final
18 de xaneiro de 2011 (21:02 h.)
Se o ano pasado O Cairo acolleu unha Final de Copa de verdadeiro infarto, esta vindeira fin de semana a vila de Corme prepárase para outra semellante. Pero parece que os ánimos están máis calmados nesta Liga Xuvenil Norte, e Dumbría B e Corme manteñen tan só unha rivalidade forte dentro do campo.
Trátase dunha final adiantada. O que gañe probablemente será o campión da Liga e optará a participar na fase de ascenso á Liga Galega, se ben semella que ao Corme non lle prestaría tanto como aos dumbrieses, que afirman ter un equipo prantexado para o ano que vén estar na zona alta da Liga Galega. Así e todo, o título é premio suficiente para que se encha o Cairo.
O Corme de Suso da Torriña e Genaro vai marcar seguro, pois é o equipo máis goleador e os seus homes de arriba xa están afeitos a marcar na Liga da Costa. Pero ollo con este Dumbría B de Nando, que sendo un equipo meramente ofensivo (ata 5 dianteiros xogan cada semana no 11 inicial) leva 7 partidos sen recibir un tanto, por 21 goles a favor. Ademais, o Corme é o mellor equipo en casa, e o Dumbría o mellor fóra.
A clasificación marca 5 puntos de vantaxe para os dumbrieses, pero son ficticios, pois o Corme ten un encontro menos xa que o Dumbría descansa na última xornada. No encontro de ida o marcador final reflexou un 3-3, polo que as espadas quedan por todo alto e un empate deixaría aínda as cousas abertas. Quedan 4 xornadas, e un empate deixaría ao Dumbría con 2 puntos máis, peroun tropezón en forma de empate dos de Nando sería fatal xa que o Corme ten mellor golaverage xeral.
Así que o sábado 22 de xaneiro, ás 16:00h, o Cairo vivirá unha xornada especial.
Zas - Corme (1-5)
- Zas: Iván, Adri, Amado, Oli, Iago, Rony, Ramón, Jorge, Esteban, Isma, Víctor. Tamén xogaron: Capote, Quintáns, Kevin, Pastor.
- Corme: Javi, Jesús, Pejo, Mauro, Joshua, Pandi, Martín, Lukas, Darío (Sergio, min.75), Juanma (Fran, min.85) e Alejo.
- Goles: 1-0, min.15: Iago de penalti; 1-1, min.30: Alejo de falta; 1-2, min.50: Darío; 1-3: Lucas; 1-4: Alejo; 1-5: Martín.
Dumbría B - Camariñas (1-0)
- Dumbría B: David, Yeray, Andi (Joaquín, min.46), Rober, Tono (Jesús, min.46), Cote, Toja, Josiño, Duarte, Mario, Rodri.
- Camariñas: Álvaro, Yon, Diango, Mariño, Ismael, José Carlos, Martín, Manuel, Tajes, Carlos, Iago.
- Gol: 1-0, min.20: Yeray.
Bergantiños B - Coristanco (3-2)
- Bergantiños B: Gabriel Martínez (Buguy, min.75), Martín (Estiven, min.85), David, Iván Calvo, Javi Varela, Pablo, Cebey, José Manuel, Miguel, Adrián Rama (Javi Martínez, min.55), Cristian (Antonio Patiño, min.55).
- Coristanco: Gabriel, Juan, Cristian, Adrián, Pichel, Sergio, Pazos, Diego Couto, Gonzalo, Dani (Diego Trigo, min.80), Alejandro (Cristian Golpe, min.80).
- Goles: 1-0, min.5: Cebey; 1-1, min.55: Adrián; 2-1, min.56: Miguel; 2-2, min.65: Diego Couto; 3-2, min.68: Javi Martínez.
- Expulsado: os visitantes Adrián por doble cartón no min.89, e Rubén Reborido no min.62 dende o banco.
Muxía - Ponteceso (5-2)
- Muxía: Cristian, Martín, Fabián, Antonio, Fran Bello, Javi (Pereira, min.46), Julián, Carliños, Pesqui, Iván, Felipe.
- Ponteceso: Guille (Anxo, min.66), Fabián, Ventura (Mendieta, min.75), Baneira (Diego cadete, min.55), César, Jonhi, Cotelo, Puente, Jorge (Kevin, min.80), Alberto, Brian (Diego xuv, min.65).
- Goles: 1-0, min.10: Felipe de cabeza; 2-0, min.20: Iván; 3-0, min.30: Pesqui; 4-0,min.35: Carliños; 4-1, min.47: Jorge; 4-2, min.69: Diego xuv.; 5-2, min.80: Pereira.
- Lesión: Baneira rompeu a clavícula, polo que estará toda a tempada fóra dos terreos de xogo.
Baio - Malpica (3-0)
- Baio: Poyo; Edgar, Cachopo, Maikel, Pardo, Rubio, Fachal, Manuel, (Pablo, min.63), Canario, Bieito, (Ángel, min.86), Martín, (Marcos, min.87).
- Malpica: Víctor; Eloy, Jorge, (Guille, min.23), Pepis, Javier, Luísma, (Quintas, min.70), M. Maradona, Eme, Juny, M. Uruguaio, Camilo.
- Goles: 1-0, m. 73: Cachopo rouba un balón no borde da área e marcaa por baixo. 2-0, m. 85: Fachal tras varios rexeites nun córner. 3-0, m. 87: Canario.
- Lesión: o malpicán Jorge por recaída dun golpe nun nocello.
Máis información
- Crónicas da Liga Xuvenil Norte.
- Crónicas da Liga Xuvenil Sur.
Máis información
Novas relacionadas
- 3ª Autonómica: 3ª Autonómica: Triple empate na cabeza.
- 2ª Autonómica: O Ponteceso abre fenda.
- 1ª Autonómica: O Cee salva a xornada.
- Resultados da fin de semana de fútbol costeiro.
- Chegou o parte de sancións.
- A crónica da 3ª de Alberto Pose: Unhas conclusións sobre o 2010 na 3ª da Costa.
- A crónica da Liga da Costa de Manuel Varela: Por Nadal, datos e turrón.
- As outras pelotas dos xogadores do Camariñas.
- O San Lorenzo quita a roupa.
Fonte
- Redacción de Deportes de QPC (deportes@quepasanacosta.gal).
- Colabora o Blog do Malpica de Luís Porto.
- Fotos de Dieko.