Xuvenís: A loita está na segunda praza
Non cede o Corme no máis alto da Liga Unificada Xuvenil. Despois da vitoria clave en Verdillo, os de Lelo (co que falabamos hai un par de semanas) seguen implacables, de goleada en goleada, sumando xa unhas cifras de verdadeiro escándalo. 20 vitorias, 2 derrotas con 111 goles a favor e só 28 en contra.
Co título encamiñado (ten 10 puntos de vantaxe sobre os perseguidores tras, ollo, 15 vitorias consecutivas) a atención céntrase na segunda praza. San Lorenzo e Fisterra están protagonizando unha fermosa loita, cunha Esteirana que segue metida de cheo na pelexa. Os de Verdillo e os de Ara Solis suman 50 puntos, polos 48 dos de Esteiro, despois do empate entre carballeses e muradáns desta pasada fin de semana (ademais da goleada do Fisterra ao Coristanco.
San Lorenzo - Esteirana (2-2)
Os esteiráns, que levan 8 xornadas sen perder, conseguiron arrincar un punto do complicado campo de Verdillo, que na tarde sabatina estaba bastante esbaradizo. De feito, o porteito esteirán esbaraba permitindo que os locais, que comezaron mellor, se meteran por diante cun tanto de Jose á saída dun córner. Pouco despois un balón ás costas da defensa é aproveitado polo punta carballés Aarón para facer o segundo. Pasada a media hora chegaron dúas xogadas claves: Aarón fallaba un man a man, e de seguido tiña lugar unha expulsión do xogador carballés Martín que deixaba o partido aberto.
A Esteirana tomaba o mando, tocando na zona do campo que se permitía, volcándose no ataque, chegando a empatar en dúas boas xogadas por medio de Sergio (meteu un “cañonazo” de falta dende 45 metros) e Jaime.
De aí ao final o partido puido decantarse polos dous lados, co partido roto, e contras constantes nas dúas área deixando o partido igualado ao final.
Partido suspendido
A xornada quedou marcada tamén polo partido (non) celebrado nas Redondas. Comezou con 7 no campo o Outes, e aos 15 minutos lesionouse un xogador e houbo que suspender o choque.
A semana que vén voltaremos coas crónicas completas (desculpade que estas semanas estivemos a medias por unha baixa…)
Novas relacionadas
- Falamos con Lelo, o míster do Corme, líder sólido en xuvenís.
- Esteirana, unha prolífica canteira.
- Liga xuvenil: Soneira, un equipo a ter en conta.
- Marta Calvo: Igualdade no Fútbol da Costa.
- Os adestradores da nova Ligua Unificada Xuvenil.
- Xuvenís: o adestrador do actual campión, Juni, analiza o inicio ligueiro.
Crónicas da tempada
- X.21: San Lorenzo – Corme (1-2): O título xuvenil case ten dono.
- X.19: Ata o último suspiro:
- X.18: O Corme saca a furia goleadora e marcha.
- X.17: O Corme remata líder e Santi Casas pichichi tralo remate da primeira volta.
- X.16: Fisterra e San Lorenzo aférranse ao líder.
- X.14: Escapa o Corme.
- X.12: Fisterra e Corme escapan ante os tropezos dos perseguidores.
- X.11: Un cuarteto apretando ao líder.
- X.10: Cabana e San Lorenzo amosan as súas credenciais.
- X.9: O Ponteceso frea á Esteirana e deixa ao Fisterra só no alto da táboa (e Táboa de PICHICHIS.
- X.8: Esteirana e Fisterra pegan un estiró.
- X.7: A xornada do xoves deixa á Esteirana líder da Liga Unificada Xuvenil.
- X.6: Só queda un invicto.
- X.5: Fisterra, Outes e Esteirana amosan as súas credenciais:
- X.4: Manda o Fisterra.
- X.3: Pasado polo filtro do surrealismo:
- X.2: Sobrevivindo á Barca.
- X.1: Arrincou por fin a L.U.X..
Máis información
- www.futboldacosta.com: Todas as táboas dos horarios, resultados, clasificacións e marcadores en tempo real.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).