Xuvenís: A Selección Xuvenil salta ao campo mentres Fisterra e Outes cítanse en 2017

A tenda Máis Deporte, en Cee, patrocina as Ligas de Xuvenís. Pincha e coñécenos a través do noso Facebook Quedan só dúas xornadas para o remate da primeira fase das Ligas Xuvenís. E pendentes de que o Coristanco non se deixe levar neste final baixo de campaña, só queda unha pelexa. Co Cee e Xallas no Sur, e Ponteceso e As Pedreiras (e o Coristanco cun pé metido) no Norte clasificados para a Liguilla de campións, Fisterra e Outes abrirán o ano cun partidazo. Ara Solis será testemuña dunha finalísima. Chega o Fisterra por riba na táboa despois da derrota do Outes ante o invicto Cee, pero nun partido onde os da Serra venderon cara a súa pel. O Fisterra non fallou ante o Corcubión, e meteuse no podio. Parece que os fisterrás o teñen de cara, pois co empate quedarían por diante de cara a unha última xornada na que os da Serra terán en fronte ao temido Xallas. Polo Norte, a xornada deixou a sorpresa do empate do San Lorenzo ante o pechacancelas, o Laxe. O líder dende a 6ª xornada, saíu sen intensidade e acabaou deixándose a primeira praza en aras dun Ponteceso que vai de menos a máis e que está nun gran momento de forma. Na penúltima xornada hai un Ponteceso-As Pedreiras no que se xogará o liderado.Pero antes, o Coristanco pode certificar o seu pase á Liguilla de campións (e obviar a insulsa Liguilla copeira) se vence este venres 23 ao Corme, nun partido no que tamén estará atento un Cabana, que vén a máis e que poe pelexar ata o último suspiro ese 3º posto con Corme e Coristanco.  

Partido Solidario da Selección Xuvenil

E xa temos convocatoria da Selección Galega Xuvenil, que se enfrontará á Selección Galega na serie de Partidos Solidarios de Muros, que vai comezar este mércores 21 de decembro no Eleuterio Balayo. Os convocados polos adestradores dos Miúdos, os organizadores do evento, son os seguintes nun combinado máis tirando cara o sur debido ao lugar do envite:
  • Os Miúdos: Jose, Xavi, Gael e Raúl;
  • Victoria: Juan de Dora, Iván Baña.
  • Montelouro: Juan de Celia e Adrián.
  • Esteirana: Jaime e Xián.
  • Zas: Dani Mato.
  • Xallas: Rachón e Koke.
  • Fisterra: Andrés e Gabi.
  • Cee: Chema.
  • Camariñas: Brandon.
  • Outes: Simón.
 

Crónicas das Ligas Xuvenís

<

Máis información