Xuvenís: Ata o último suspiro

Xornada de frío nas Eiropas para o dominical San Lorenzo-Muxia de xuvenís

Xornada de intensidade esta con varios partidos decididos que non se decidiron ata os últimos instantes. Houbo auténticos partidazos como os tolos choques entre Camarias e Outes e mais o derbi muradán. Ou o vivido nas Redondas, entres dous equipos como Cabana e Ponteceso que puideron dar moito esta campaña pero que tiveron na súa propia irregularidade o meirande inimigo. Ou

Por arriba, non fallou o trío de cabeza, se ben o Corme sufriu máis do esperado ante o pechacancelas, mentres Fisterra e San Lorenzo golearon a Corcubión e Muxía. A Esteirana parece a única alternativa a loitar polos postos das prazas de ascenso.

En canto ao pichichi, o triplete do laxeiro Santi Casas permítenlle destacarse no alto da táboa con 32 goles, polos 24 de Aarón (san Lorenzo), 22 do soneirán Fran Moreira e do sofanista David López, e 21 de Adrián Bardanca (Camariñas) e os 20 de Castro Coristanco) e Samu Costa (Corme).

 

Cabana - Ponteceso (3-3)

  • Cabana: Marcos, Yago, Rubén, Alberto, Diego, Breo, Simón, Manu e Christian. Tamén: Roberto, Samuel, Alex e David.
  • Ponteceso: Damián, Adrián, Manu, Brais Ceán, Luca, Aarón, Jose, David, Isaac, Mussi, Iván Rodríguez. Tamén: Hugo, Adrián e Iván Rey.
  • Goles: 1-0, m.4: Manuel a centro de Cristian; 2-0, m.37: Simón tras un bo pase de Manuel; 2-1, m.40: Hugo; 3-1, m.55: Manuel a pase de Breo; 3-2, m.70: Isaac; 3-3, m.85: Aarón.
O Cabana-Ponteceso foi un dos partidazos da xornada

Partidazo nas Redondas, nun choque de gran rivalidade entre rapaces que se coñecen dende hai tempo. Comezaba marcando o Cabana, mellor na primeira metade, e xa pasada a media hora ampliaba a renda. Pero o Ponteceso recurtaba antes do descanso nunha rápida contra.

Na segunda os de Gurita saían polo partido, pero era Manuel o que volvía marcar e ampliar a renda. Empurraba o Ponteceso que se volcou nos últimos minutos sobre a meta cabanesa ata conseguir o empate, pero tamén tiveron nun Damián espectacular ao home clave para conseguir un punto, facendo 3 paradas tremendas cando os locais xa cantaban gol.

 

Fisterra - Corcubión (5-0)

  • Corcubión: Marcos, Mesejo, Fran, Oca, J. Ángel, Jon, Samu, Luis, Lagoa, David e Hugo. Tamén Xuli, Álex, Roberto e Abel.
  • Fisterra: J. Carlos, Miguel, Cristopher, Manu, Gabi, Pichino, Ezequiel (Xan Xixo), Iván Escaris (Diego), Benlloch, Aarón e Dani (Puyol).<(li>
  • Goles: 1-0: Iván Escarís nunha boa xogada combinativa remata a pracer; 2-0: Iván Escarís,nun bo pase de Dani; 3-0: golazo de Ezequiel en xogada personal e picándolle o balon ao porteiro; 4-0: Aarón; 5-0: Benlloch en outra boa xogada de banda a banda.

Partido sin moita historia onde o Fisterra saíu enchufado e foi superior, superando a derrota sufrida a semana pasada. O Corcubión (con moitas baixas) non estivo fino en defensa como noutros partidos e iso impediulle desenvolver o seu xogo. A sorte tampouco acompañou ós visitantes que tiveron que facer 3 cambios obrigados por lesión antes da segunda metade.

O Fisterra soubo combinar ben a pesar das baixas, demostrando que a camada cadete tamén ten moito futuro. Iván Escarís (cadete de 1º ano e autor de dous goles), Benlloch e Miguel son boa proba delo.

Tivo o Corcubión a posibilidade de meterse no partido co 2-0 pero un paradón de José Carlos impediuno e aí rematou o choque.

 

Baio - Laxe (1-3)

  • Baio: Julián (Cedrón, m.80), Iago, Regueira, Jose, Martín Romero (Anxo, m.46); Sergio, Dylanb (Tinciño, m.80), Santi; Mohedano, Raúl e Aníbal (Manuel María, m.55).
  • Laxe: Valentín, Bruno, Edu, Julián, Íñigo, Borja, Manuel Pablo, Kevin, Miguel, Juan e Santi Casas.
  • Goles: 0-1, m.18: Santi Casas; 0-2, m.32: Santi Casas; 1-2, m.36: Sergio de penati; 1-3, m.80: Santi Casas.

Bo partido do Laxe ante un Baio bastante frouxo, sobre todo na segunda metade. Non estaba xogando mal o cadro de MC e Bieito, pero apareceu o pichichi da LIga para meter 0-2 aos de Dani Arguelles e Martín Carrrabete. Recurtou Sergio dende os 11 metros deixando o partido aberto para a segunda.

Máis corazón de cabeza puxo o Baio na segunda, que o intentou sen demasiado tino ante un serio Laxe, que confiou no seu goleador para rematar a faena.

Xuvenis do Laxe tras vencer no Platas Reinoso  

Os Miúdos - Esteirana (3-4)

  • Os Miúdos: Alberto, Ismiña, Flavio (Isma Mayo), Dani, Abel (Sergio), José, Xavi, Gael, Ángel (Xian), Gesto (Riomao) e Rubén.
  • Esteirana: Dani, Farinós, Kevin, David Pais, David; Jaime, Juan (Roberto), Xián (Sergio), Benji (Joaquín); Íker e Carajillo.
  • Goles: 1-0, m.1: Rubén; 1-1, m.5: Íker; 2-1, m.44: Xavi; 3-1, m.58: Rubén de penalti; 3-2, m.66: Roberto Solís; 3-3, m.80: Íker; 3-4, m.90: Íker.

Tenso e bronco derbi muradán o vivido no Eleuterio Balayo o sábado. Os Miúdos metíanse por diante moi pronto, tras un erro da defensa esteirana pero o cadro blaugrana empataba moi pronto. O local Jose facía dano pola banda, mentres os visitantes trataban de coller o balón. Foi o equipo negro o que se metía por diante ao fío do descanso tras un penalti protestado polos visitantes.

Na segunda adiantou fías o Esteiro unha vez que Josiño Alves facía os 4 cambios da Esteirana o descanso, pero nunha contra, 3-1 para os locais. Quedaba moito por sufrir para os locais, que non puideron aguantar as embestidas dos esteiráns tras quedar con 10 pola expulsión de Rubén.

Nestes últimos 20 minutos Solís e Íker por partida doble, deron a volta ao marcador, co 4º gol asinado xa con 3 sobre o desconto.

 

Camariñas - Outes (4-5)

  • Camariñas: Sergio; Facundo, Manuel, Anxo, Gabriel, Juanito (Nando, m.80), Fran, Joseba (Lucas, m. 85), Mario e Adrián Bardanca.
  • Outes: Antón, Christian, Joel, Fabián, Canoa, Ángel, Fran Lago, Boris, Ryan e Siro.
  • Goles: 0-1, m.6: Ryan; 0-2, m.27: Ryan; 1-2, m.40: Adrián Bardanca; 2-2, m.42: Adrián Bardanca; 3-2, m.62: Adrián Bardanca; 4-2, m.79: Fran; 4-3, m.83: Boris; 4-4, m.85: Ryan; 4-5, m.89 Boris.

Partido moi estrano no Hermanas Patiño, deses tolos choques de ida e volta con alternativas nas dúas áreas e nas que as defensas naufragaban ante os atacantes. O Outes chegaba con 10 xogadores (e o porteiro Siro como dianteiro), pero empezaban gañando 0-2. O Camariñas ía espabilando e Adrián Bardanca empataba o choque en dúas xogadas consecutivas ao fío do descanso.

Comezaba o Camariñas dominando a segunda metade, ante un Outes que esperaba para saír á contra. Adrián ampliaba a renda (xa leva 21 goles) e cando parecía o partido sentenciado, os da Serra sacaron o a garra, e eran capaces de remontar e endosar 3 goles seguidos a unha paralizada defensa local.

 

Xallas - Corme (1-2)

  • Xallas: Fabián, Peke, Pablo, Dani (Héitor, m.46), Fabián, Calo, Mando, Cuae (Pablito, m.46), Adrián, Manu e Guillín.
  • Corme: Lucas, Pandi, Brais, Ángel, Fran, Eloy Villar, Javi Bermúdez, Manu Tasende, Alex Mato, Manu Bermúdez e Noel. Tamén: Miguel, Roque, Samu e Martín Costa.
  • Goles: 0-1, m.10: Noel; 0-2, m.18: Manu Tasende; 1-2, m.63: Pandi en propia meta.

Sufríu, e moito, o mesmo Corme que a semana pasada goleaba ao segundo da táboa, ante o pechacancelas da clasificación. Ben é certo que o Xallas non é o mesmo que o de comezo de tempada e xa compite con todos os equipos.

O Corme comezou dominando, sen demasiadas ocasións pero as suficientes para marchar con 0-2 ao descanso, tras un par de erros do porteiro local. Pero na segunda parte cambiou o panorama. Os xalleiros saíron convencidos das súas posibilidades e meteron no seu campo ao cadro cormelán. Recurtaron cun gol en propia e fixeron que o Corme acabase pedindo a hora nun fermoso e loitado encontro.

 

Sofán - Coristanco (2-3)

  • Sofán: Christian, Adri, Diego, Juan Bello, Nacho Eirís, Dani Padín, Eloy Cabeza, Alex Fidalgo, Simón, Nacho Moreno e Alex Docampo. Tamén: Aarón, Artom, Sergio Pombo, Sergio García e David López Ruibal.
  • Coristanco: Borja, Iago, Cambón, Álvaro, Sebastián, RR, Dani, Braian, Eloy, Black e Fran. Tamen: Cancela, Esteban, Cristian, Isaac e Raúl.
  • Goles: 0-1, m.26: Dani; 1-1, m.31: Nacho Moreno; 2-1, m.42: Nacho Moreno; 2-2, m.44: Braián de penalti; 2-3, m.53: Fran.

Partido de loita nas Eiroas con dous equipos que ían polo partido e tendo idas e voltas constantes. Nos primeiros 45 minutos era difícil encontrar un claro dominador dado que ambos topan con chegadas indo o descanso cun 2-2, cun final da primeira metade agónico e dous goles nos últimos minutos.

Na segunda deu un paso adiante o Corisnaco, máis agresivo e mandón. Pronto marcaría Fran o terceiro e puido ampliar a renda, pero acabou tendo tamén que solventar boas contras dun Sofán que estivo metido no partido ata o último momento.

 

San Lorenzo - Muxía (9-0)

  • San Lorenzo: Benjamín, Fidi, Álex Fernández, Eloy, Esteban, Fidalgo, Pablo, Martín, Jose, Aarón e Álex Rodríguez. Tamén xogou: Alberto.
  • Muxía: Raul, Evaristo, Cheo, Marce, Vilela, Miguel, Rodri, Louzán, Pablo e Damián.
  • Goles: Aarón (4), Álex Rodríguez (3), Fidalgo e Eloy.

Pouca historia nun choque ao que o Muxía chegaba con só 10 xogadores a un conxelado anexo das Eiroas. Aguantou 10 minutos o 0-0 ata que nun barullo nun córner anotou Aarón e a partir de aí caeu a intensidade a par que caían os goles.
A pesar do marcador, moito mérito dos muxiáns que con un menos todo o partido en ningún momento deixaron de intentar ter o balón e atacar, merecendo incluso algún gol.

Agora o día 30 volverán verse as caras no partido correspondende a primeira volta aplazado.

 

Novas relacionadas

Crónicas da tempada

Máis información

  • www.futboldacosta.com: Todas as táboas dos horarios, resultados, clasificacións e marcadores en tempo real.

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).