Xuvenís: Comeza a segunda Fase
Xa temos en www.futboldacosta.com o calendario completo da Liguilla Previa á Fase de Ascenso á Liga Galega Xuvenil e da Liguilla da Copa da Costa 2016 da categoría xuvenil.
Todo despois dunha última xornada da primeira Fase sen interese (xa quedara todo decidido antes do Nadal) na que Xallas e Ponteceso demostraron que son os favoritos. Foi o Xallas o que mellor número completou con 16 vitorias noutros tantos partidos, 90 goles a favor e só 11 en contra.
Tamén disputarán a Liguilla Previa á Fase de Ascenso á Liga Galega Xuvenil, polo Sur o Cee e o Montelouro, que se relaxaban dando minutos aos menos habituais e caían ante Esteirana e Fisterra.
Polo Norte, os que acompañan ao Ponteceso, son o Cabana (que se deixaba ir ante o Zas) e o Baio, a sorpresa do curso.
Así queda a primeira xornada:
A sosa Liguilla copeira, con baixas
O resto competirán nesta Liguilla da Copa da Costa 2016, que dicimos sosa pois todos os equipos se clasifican e para os Oitavos da Copa. Iso si, os 3 primeiros evitan aos da Liguilla dos campións.
Non compiten nin Corme, nin Muxía nin Porteño. E non se xoga a primeira fin de semana de febreiro, polo Entroido.
Crónicas dos Xuvenís
- X.17: O Baio completa o sexteto de cabeza.
- X.16: O Xallas campión inapelable e o Montelouro na fase.
- X.13: Cee e Cabana únense a Xallas e Ponteceso.
- X.12: A 3ª praza en xogo.
- X.11: 10 de 10.
- X.10: Nin o Cabana pode co Ponteceso.
- X.9: Remata a primeira volta con Ponteceso e Xallas facendo pleno.
- X.8: Xallas e Ponteceso impoñen o seu ritmo:
- X.7: Xallas e Cee destacan no Sur e o Ponteceso manda no Norte.
- X.6: Xornada chea de goles.
- X.5: Xornada chea de goles.
- X.4: O Xallas manda no Sur e o Ponteceso, co permiso do Corme, no Norte.
- X.3: O Xallas baixa os fumes ao Montelouro.
Crónicas da semana
- 2ª Autonómica: O Zas acaba o ano de líder e o Mazaricos en auxe.
- 1ª Autonómica: Unha xornada de vermello e azulón.
- Preferente: Outra xornada no pozo.
- As papeletas do Fútbol da Costa son vermellas e amarelas.
Máis información
- O cadro da Copa da Costa 2016.
- As táboas de resultados e clasificacións en www.futboldacosta.com. Piquen dende o seu teléfono e pulsen “Engadir a pantalla de inicio”, para ter sempre os resultados no peto.
- A actualidade no Facebook “Fútbol da Costa”.
- Mercado de Fichaxes: As Altas e Baixas dos equipos do Fútbol da Costa.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).