Xuvenís: O Baio completa o sexteto de cabeza

O Baio Xuvenil consegue o paso á Liguilla dos mellores tras endosar a primeira derrota a todo un Ponteceso
A tenda Máis Deporte, en Cee, patrocina as Ligas de Xuvenís. Pincha e coñécenos a través do noso Facebook

Xallas, Cee e Montelouro no Sur, e Ponteceso, Cabana e Baio dispoutarán a Liguilla Previa á Fase de Ascenso á Liga Galega, a chamada Liga dos Mellores na categoría Xuvenil. A falta dunha xornada para o remate da primeira fase, o Baio completa o sexteto de cabeza despois de endosar a primeira derrota do curso a todo un Ponteceso no partidazo da semana, e demostrar que vai pelexar por eses dous postos que dan acceso á Fase.

O resto, competirán na sosa liguilla copeira, pero antes, neste calendario feito de tolos, terán que esperar ata o 9 de xaneiro para disputar a última xornada desta liga regular, xa con absolutamente nada en xogo.

 

Liga Xuvenil Sur, xornada 15

 

Outes 9-0 Corcubión

  • Outes: Alejandro, César, Serxio, Brión, Cutu, Saúl (Sergio Nieto, m.62), Adrián, Fran (Fabio, m.46), Carlos (Jairo, m.57), Adán e Santi.
  • Corcubión: Santi, Beto, Oca, David, Jose, Samu, Germán, Maikel, Joselu, Breixo e Mesejo.
  • Goles: 1-0, m.10: Adrián; 2.0, m.11: Adán dende lonxe; 3-0, m.17: Carlos empurra unha boa xogada de Santi; 4-0, m.28: Adrián de cabeza; 5-0, m.35: Fran de forte disparo; 6-0, m.49: Adán; 7-0, m.70: Fabio; 8-0, m.72: Santi; 9-0, m.84: Santi.

Vendabal de vento e gole sno Cunchido

Ventolada no Cunchido, e o Outes que saía con vento a favor na primeira parte deixou o partido ben encarrilado. Pronto puxeron a súa idea sobre o campo cunha presión intensa en campo rival e buscando colgar balóns ás costas da defensa visitante, aproveitando a velocidade dos puntas.

Ademais, os de Eli estiveron moi acertados a balón parado deixando o choque sentenciado moi pronto.

 

Fisterra 6-0 Castriz

  • Goles: Gonzalo (3), Pichino de penalti e Breixo (2).

Set e partido

A pesar de chegar con 11 xustos, o Fisterra puido co Castriz tras un choque que empezaba sen un dominador claro. Pouco a pouco era o cadro local o que ía creando máis ocasións, sobre todo pola banda de Gonzalo que cos pases de Dani e Breixo levaba moito perigo. Por aí chegarían os dous primeiros tantos cos que se chegaría ao descanso.

Na segunda parte foi de dominio claro local onde Gonzalo de novo, Pichino de penalti e breixo por partida doble farían os goles.

 

Montelouro 2-1 Os Miúdos

Montelouro-Os Miudos de xuvenis-Foto-UD
  • Montelouro: Joaquín, (Xacobo, m.46), Javi, Juan, Borja, Sergio, Adrián do Neto, Anxo, Xanma, Adrián C, Juan de Celia e Bertín.
  • Os Miúdos: Xandre, Lice, Alberto, Yeray (Dani), Gael, Jose, Airán (Pesky), Miguel, Manuel e Xavi (Óscar).
  • Goles: 1-0, m.20: Juan de Celia; 1-1, m.44: Jose de córner; 2-1, m.65: Adrián de penalti.
Montelouro-Os Miudos de xuvenis-Foto-UD

O día da Marmota mudarán

Impresionante a tempada que levan os rapaces do Montelouro, que no seu primeiro ano e cun equipo bastante xusto de efectivos, con dous lesiondos de gravidade, metíanse na liguilla de ascenso a falta de dúas xornadas. O sábado pudieron cuna Miúdos que vivían esta mesma experiencia, pois no seu primeiro ano tamén se metían entre os 6 mellores da man de Mané Senande.

Foi un partido bonito, cos dos equipos tocando o balón e saíndo en rápidas contras. Había ocasións para os dous equipos, pero era Juan de Celia, unha das referencias da categoría, o que adiantaba aos locais.

Apretaba o cadro muradán e facía dano a balón prado, e antes do descanso chegaba o empate nun córner.

Na segunda Os Miúdos tiña o vento a favor e as condicións meteorolóxicas complicábanse. Un polémico penalti permitía a Adrián adiantar a un Montelouro que acabou pedindo a hora ante a insistencia dos Miúdos.

Adrian celebra o tanto de penalti para o Montelouro contra Os Miúdos-Foto-UD  

Xallas 7-0 Cee

  • Goles: Rachón (3), Sergio (2), Santi e Cristian.

Máis igualado do que parece

Non foi tan claro o partido como marca ese 7-0. De feito, malia que en 6 minutos o Xallas se colocaba 2-0, o Cee pretou e fixo traballar ao meta xalleiro Coke que estuvo excepcional en tres intervencións. Sufriron os locais antes do descanso, pero á volta dos vestiarios, co vento a facov, sentenciaron pronto e aí acabou o choque.

Os dous equipos mediránse na seguinte fase, na que o cadro que dirixe Dani Calvete parte como favorito, tras sumar 15 vitorias en 15 encontros, con 82 goles a favor e 10 en contra.

 

Liga Xuvenil Norte, xornada 16

 

Ponteceso 2-3 Baio

  • Ponteceso: Damián (Fandiño), Adrián, Minichema, Luca, Ismail, Yago (Loureiro), Alberto, Cacha (Iván), Eloy, Aday (Busto) e Jose Ángel.
  • Baio: Julián, Queiro, Alex F, Michi, Jose Antonio, Alberto, Sergio, Cristian, Javier Muíño, Santi Moreira e Luís Eiroa. Tamén: Jose Manuel, Estefan, Fran G, Regueira e Ayoub.
  • Goles: 1-0, m.1: Aday; 1-1, m.23: Luís Eiroa define ben; 2-1, m.48: Eloy; 2-2, m.65: Estefan culmina unha xogada colectiva; 2-3, m.90: Luís Eiroa.
  • Lesións: os locais Damián e Cacha.

O Baio entra pola porta grande

Primeira derrota do campion da Liga de Xuvenis de 1º Autonómica do grupo Norte.O CD Baio foi o seu "verdugo" e protagonista. Os de Baio están a facer un sprint final de campeonato fantástico con catro vitorias seguidas cada unha máis importante ca anterior e que lles permite meterse na fase de ascenso xunto cos mellores equipos da categoría.

Tarde de inverno con chuvia e aire que dificultaba o xogo dos dous equipos. Empezou forte o Ponteceso que se adiantou xa nos primeiros minutos de xogo cun remate de Aday. Non se descompuxo o CD Baio sabedor da importancia do choque e fíxolle frónte ás andanadas do equipo local. Co paso dos minutos igualaronse as forzas ainda que os locais seguian levando a iniciativa.Empatou o equipo visitante mediada a primeira parte con un gol de Luís Eiroa este chegou só diante do porteiro local e materializou a oportunidade de maneira impecable. Os locais intentaron a partir de ese momento poñer cerco á portería visitante ben defendida por un Julián atento aos posibles remates do adversario.

Na segunda parte o mesmo guión, adiántanse de novo os locais no primeiro minuto e cun gol do omnipresente de Eloy, "asesino" da área onde os haia. Outra vez tocáballe remar contra corrente aos de Baio que outra vez logran empatar cunha gran acción coral do ataque que materializa Estefan, ao que tampouco lle temblan as pernas diante dos porteiros e o que tampouco lle falta clase dentro dun terreo de xogo.

A partir de ahi todo foi rodado para o CD Baio e todo costa arriba para o Ponteceso que á lesión do porteiro, había que añadir a de Diego "Cachadiña”, polo que Fandiño meteuse baixo paus nun acto de xenerosidade e compañerismo. Os visitantes vislumbraron a posibilidade de facer sangue e abofé que a aproveitaron diante dun Ponteceso que non cedóa e que non queria perder a sua condición de invicto. Luís Eiroa xa co tempo cumplido transformaba o penalti que lles daba a victoria os visitantes e que certificaba o seu pase a liguilla de ascenso e que tan felices facía aos baieses. Ambos veranse as caras na seguinte fase.

 

Muxía 1-3 Cabana

  • Cabana: Diego, Kevin (Darío), Pipa, Martín, Ferreiro, Carlos, Ferreiro, David Muíño, Alberto, Julián, Pablo e Álex.
  • Goles: 1-0, m.47 Cristian; 1-1, m.72 Ferreiro; 1-2, m.79 Darío; 1-3, m.89 Pablo.

Menudo temporal en Arliña

Menudo temporal ía en Arliña o pasado sábado. O vento facía imposible a práctica do fútbol e o terreo de xogo estaba tremendamente enlamado, o que facía imposible que se vira un bo xogo. A primeira parte co vento o Muxía, co vento a favor, fixo sufrir aos cabaneses, pero se toparon cun Diego que estivo sensacional baixo paus.

Foi na segunda, cando despois do gol inicial do cadro muxián, espabilou o equipo cabanés. Tardou en chegar a igualada, pero os últimos 20 minutos, e xa cos muxiáns cansos, o Cabana sentenciou.

 

Coristanco 2-0 Corme

  • Goles: 1-0, m.10: Bértoa; 2-0, m.89: Bértoa.

Dúas pegadas

Enfrontábanse na Rocheiras os dous equipos que quedaron ás portas da Fase de Ascenso, e que partirán entre os favoritos para a Liguilla copeira. Foi Bértoa o protagonista do choque, adiantando aos de Chipi aos 10 minutos de partido, e marcando a sentenza xa co tempo cumplido. Entrementres, moito medio campo, moita intensidade, pero falta de acerto polos dous lados. Tivo o Corme ocasións para empatar, pero non estivo fino cara gol.

 

Zas 6-3 Porteño

  • Zas: Hadrián, Boli, Damián, Brais, Ternande, Manu, Adrián, Elías, Dani, Álvaro e Andrés. Tamén: Pedro, Rubén, Manue Laxe e Andy.
  • Porteño: Álex, Dani, Gonzalo, Toxo, Manuel, Martín, Darío, Mario, Oli, Porto, Rubén (Conde, m.46) e Fabio.
  • Goles: 1-0: Elías; 2-0: Andrñes (descanso); 1-2: Toxo; 2-2: Fabio; 3-2: Álvaro; 4-2: Álvaro; 5-2: Andy; 5-3: Fabio; 6-3:Andy.

Unha parte para un temporal

Partido marcado polo temporal en San Andrés, ao que o Porteño chegaba con moi poucos efectivos. Aínda así, e tras unha primeira metade na que foi inferior, conseguiu recuperarse e meterse no partido. Marchou o Zas 2.-0 ao descanso, pero nese segundo tempo máis tolo, con alternativas, o Porteño empataba.

 

Crónicas dos Xuvenís

Crónicas da semana

Máis información

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).