Xuvenís: O Baio tamén quere meter o pé entre Cee e Ponteceso

O Cabana prantou cara peo non puido co imbatido Xallas-Foto-Cabana
A tenda Máis Deporte, en Cee, patrocina as Ligas de Xuvenís. Pincha e coñécenos a través do noso Facebook Ponse máis bonita a Liguilla Previa á Fase de Ascenso á Liga Galega Xuvenil. Co Xallas destacadísimo aínda sen perder partido no que levamos de campaña, parece que Cee e Ponteceso, co permiso do Baio, xogaranse a segunda praza. O Cee empataba precisamente cun sorprendente Baio, mentres o Ponteceso daba conta dun Montelouro ao que se lle está vindo grande esta Liguilla, que xa foi un premio nesta a súa primeira tempada na categoría. A sosa Liguilla copeira tivo descanso polo Entroido.

Liguilla Previa de Ascenso, xornada 4

 

Montelouro - Ponteceso (0-4)

  • Montelouro: Joaquín, Bouzas, Borja, Sergio, Junjo, Adrián, Alexis, Anxo, Fran, Manuel (Bertin) e Adri CC (Javi).
  • Ponteceso: Damián, Loureiro, Ismail (Feliciano), Jorge, Villar, Yago (Fandiño), Alberto, Luca, Eloy, Aday (Gabri) e José (Aarón).
  • Goles: 0-1, m.14: Eloy finaliza unha xogada entre José Ángel e Yago; 0-2, m.46: Yago anta un golazo dende o medio campo nada máis sacar de centro; 0-3, m.60: Yago a centro de Eloy; 0-4, m.90: Eloy marca outro golazo dende o medio campo.
De golazo en golazo Foi superior o Ponteceso en Louro ante un Montelouro que pelexou ata o final e pagou caro os seus erros atrás. Foron os golazos de Eloy dende o medio campo os que marcaron o partido. Os locais tiveron opcións a balón parado pero non fixeron demasiado dano, pero pelexaron e o intentaron con todo. O Ponteceso espera recuperar a Cacha e Adrián lesionados.  

Cabana - Xallas (1-4)

Cabana-Xallas xuv-Foto-Cabana
  • Cabana: Darío, Julián, Pipa, Ferreiro, Reigía (Bieito), Mateo (Nando), Álex (Carlos), Aurelio, Alberto, Santi (Martín) e Pablo
  • Xallas: Alex (Koke), Raúl, Xoel, Rubén, Pablo (Parri), Alberto, Rachón, Juanjo (Carlos), Anxo (Thiago), Sergio (Óscar) e Santi.
  • Goles: 1-0, m.12: Ferreiro a saída dun córner; 1-1, m.25: Sergio Barbeira; 1-2, m.63: Sergio Barbeira remata de cabeza un córner botado por Santi; 1-3, m.68: Alberto; 1-4, m.73: Juan.
O Xallas tamén remonta O temporal foi protagonista na primeira parte deixando un campo impracticable no que apenas corria o balón. A pesar diso, eran un partido bonito para o espectador pola loita que ofrecían os xogadores. Comezaba o Cabana moi ben ante todo un Xallas, marcando tras un córner e mesmo pedindo un par de posibles penaltis. [fbvideo link="https://www.facebook.com/cabana.soc.dep/videos/536558786519454/" width="660" height="400" onlyvideo="1"] Pero era Sergio o que aproveitaba un balón que quedaba nun charco para roubar e definir facendo o empate. Continuaba a incertidumbre e Darío sacaria un par de ocasións dos Xalleiros con grandes intervencións ante Rachón, Santi e Juanjo. Despois do descanso amainou o temporal e empezou o vendabal verde. Sobre todo a partir do segundo de Sergio Barbeira, o cadro de Dani Calvete dominou. Alberto faría o terceiro nun barullo que golpea Rachón e rexeita en Alberto envelenándose cara portería. O cuarto faríao Rachón tocando levemente nun corner que entre Santi e Carlos xogan en corto e centa Santi cara portería. Traballada vitoria do Xallas ante un bo rival.  

Cee - Baio (1-1)

  • Baio: Julián, Queiro (Alex F.), Fran G., Sergio, Jose Antonio (Michi), Javier Muíño (Cristian), Estefan, Regueira (Alberto), Brandón, Luís Eiroa e Anxo.
  • Cee: Paulo, Alex Agulleiro, Senlle, Borja, Chema, Castillo (Xavi Soto, m.76), Xabi Castro, Hugo (Toño, m.84), Saulo, Samu Filgueiras (Adrián, m.46) e Alex Castro (Pablo, m.46).
  • Goles: 1-0, m.10: Álex Agulleiro; 1-1, m.30: Estefan.
  • Expulsións: 3 xogadores ceenses.
Un punto con distinto sabor Empezaron moi fortes os locais, pasando case por encima do equipo visitante, que non era quen de dar conta do empuxe ceense. Así ao pouco de empezar, despois das ocasións de Xabi, Borja e Alex Agulleiro, era este mesmo o que adiantaba aos locais, e preto tiveron de aumentar a conta goleadora pero a mala puntería e a fortuna visitante impedianllo. Foron adaptándose os visitantes ás condicións do partido para primeiro ir alonxando os locais da sua área e despois intentar atacar para conseguir o empate. Non eran capaces de achegarse a portería local aínda que sufrían menos atrás e parecía que igualaban a contienda no xogo non asi no marcador. Un balón largo do CD Baio sen aparente perigo acabou nos pés de Estefan que lle ganou á partida os centrais e una vez diante do porteiro anotou o gol do empate. O gol sentoulle ben o Baio que xa non se sentía tan atropellado e conseguiu chegar ao descanso con vida. Á volta dos vestiarios sairon os dous equipos cun xogo máis igualado con alternativas nas dúas porterías aínda que co paso dos minutos serían os locais os que darían o resto en busca da vitoria acadando o dominio territorial do partido e tamen do xogo cun equipo visitante defendendose e sufrindo para sacar un punto. Os locais dispuxeron de varias opcións de finalización destacando un remate de cabeza que Julian sacou de maneira maxistral. A desesperación local levounos a protagonizar un lamentable final de partido con tres expulsados por comportamentos antideportivos xa co tempo a rentes de finalizar. Reparto de puntos que lle sabe a gloria os visitantes e que deixa os locais con un mal sabor de boca…  

Máis información

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).