Xuvenís: O Corme saca a furia goleadora e marcha
O temporal Ana deixou tempo para que se completase durante o sábado a xornada 18 da Liga Unificada Xuvenil. Unha xornada que centraba a atención no Cairo, co choque entre os dous primeiros clasificados, e que non defraudou. Comezou pegando o Fisterra meténdose 0-2 ao descanso, pero a furia cormelá apareciu na segunda metade para rematar cun 7-2 que abre unha fenda de 7 puntos sobre o segundo clasificado.
Por detrás queda o San Lorenzo a 8 do líder tras 4 vitorias seguidas, e parece que a Esteirana non quere baixar do carro. Polo resto parece difícil que se metan no tren da título a pesar das boas series de Cabana e Corcubión.
A xornada, sen demasiado interese con ata 5 goleadas, deixa tamén a primeira vitoria do Xallas ante un tremendamente irregular Ponteceso, capaz do mellor e do peor. Centramos así a atención no duelo de arriba.
Corme - Fisterra (7-2)
- Corme: Lucas, Pandi, Brais, Aitor, Fran, ELoy Villar, Javi Bermúdez, Manu Tasende, Álex, Manu Bermúdez e Samu. Tamén: Noel, Miguel, Ángel, Roque.
- Fisterra: J. Carlos, Miguel, Gabi (Juanfran), Rui, Ángel, Manu (Iván Escarís), Cristopher (Xan Xixo), Ezequiel, Aarón (Puyol), Isaac, Dani (Benlloch).
- Goles: 0-1, m.3: Dani de tiro lonxano que colle adiantado ao porteiro; 0-2, m.28: Isaac nun córner; 1-2, 60: Manu Tasende; 2-2, m.62: Manu Tasende; 3-2, m.71: Eloy Villar; 4-2, m.73: Javi Bermúdez; 5-2, m.80: Samu; 6-2, m.85: Samu; 7-2, m.89: Manu Bermúdez.
Dous partidos nun os vividos no Cairo este sábado. A primeira metade estivo dominada pola cor verde, cun Fisterra mandón, cómodo, que se colocaba moi pronto por diante, que ampliaba a renda e que mesmo puido ampliar a renda se non lle anulan un tanto e se lle pitan un dubidoso penalti aos de Pablo Lestón.
Pero cambiou a cor na segunda. Comezou forte o equipo de Lelo, e Manu Tasende aproveitaba un par de despistes seguidos da defensa visitante para empatar. Aí desapareciu o verde e o Cairo tornouse azul. Era un partido duro, con moitos choques, pero o Corme cada vez que chegaba marcaba. Tremendo o potencia ofensivo que amosou o equipo cormelán nesta segunda metade, que rematou con algo de polémica polas 3 expulsións sufridas nos últimos minutos (o cormelán Aitor e os fisterráns Rui e Isaac).
Así, cun resultado demasiado abultado para o vivido no campo, o Corme colle unha fonda vantaxe para preparar o alirón.
Novas relacionadas
- Esteirana, unha prolífica canteira.
- Liga xuvenil: Soneira, un equipo a ter en conta.
- Marta Calvo: Igualdade no Fútbol da Costa.
- Os adestradores da nova Ligua Unificada Xuvenil.
- Xuvenís: o adestrador do actual campión, Juni, analiza o inicio ligueiro.
Crónicas da tempada
- X.17: O Corme remata líder e Santi Casas pichichi tralo remate da primeira volta.
- X.16: Fisterra e San Lorenzo aférranse ao líder.
- X.14: Escapa o Corme.
- X.12: Fisterra e Corme escapan ante os tropezos dos perseguidores.
- X.11: Un cuarteto apretando ao líder.
- X.10: Cabana e San Lorenzo amosan as súas credenciais.
- X.9: O Ponteceso frea á Esteirana e deixa ao Fisterra só no alto da táboa (e Táboa de PICHICHIS.
- X.8: Esteirana e Fisterra pegan un estiró.
- X.7: A xornada do xoves deixa á Esteirana líder da Liga Unificada Xuvenil.
- X.6: Só queda un invicto.
- X.5: Fisterra, Outes e Esteirana amosan as súas credenciais:
- X.4: Manda o Fisterra.
- X.3: Pasado polo filtro do surrealismo:
- X.2: Sobrevivindo á Barca.
- X.1: Arrincou por fin a L.U.X..
Máis información
- www.futboldacosta.com: Todas as táboas dos horarios, resultados, clasificacións e marcadores en tempo real.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).