Xuvenís: O primeiro derbi da historia carballesa

Intensísimo o primeiro derbi entre Sofan en San Lorenzo de xuvenis-Foto-San Lorenzo 2
A tenda Máis Deporte, en Cee, patrocina as Ligas de Xuvenís. Pincha e coñécenos a través do noso Facebook

Segunda xornada das Ligas Xuvenís, marcada polas Festas da Barca, que ademais de provocar o aprazamento do Muxía - Outes ata o Pilar, tamén provocaba que outros equipos como Corcubión e Laxe non puideran completar un 11 inicial.

Polo Sur non temos ningún equipo con dúas vitorias pois Cee, Outes e Xallas só teñen unha vitoria nun só partido, mentres que a Esteirana estreaba o seu taboleiro de vitorias.

Polo Norte chegaba o partidazo da xornada, ese primeiro derbi da historia da categoría entre Sofán e San Lorenzo. Un partido tremendamente físico, disputado ante máis de 300 siareiros. Un exemplo de como poden funcionar as ligas xuvenís. Polo demais, ollo ao Corme, que demostrou, igual que os maiores, que teñen moita artillería.

 

1ª Xuvenil, Grupo Sur, xornada 2

 

Corcubión - Cee (0-10)

  • Campo: Novo Cubaleiro.
  • Corcubión: Abel, Oca, Mesejo, Túñez, Garea, Samu, Javi, Miguel, Cristian e Jose.
  • Cee: Carlos, Alex, Rubén, Borja, Jose, Castillo, Brais, Hugo, Isma, Samu e Pablo. Tamén: Trillo, Saulo, Iván, Jon e Adrián Mouzo.
  • Goles: 0-1: Brais; 0-2: Rubén Senlle; 0-3: Pablo Trillo; 0-4: Pablo Trillo; 0-5: Samu; 0-6: Isma; 0-7: Isma (descanso); 0-8: Borja; 0-9: Alex Agulleiro; 0-10: Saulo.

Con 10, por mor da Barca e outros compromisos persoais, presentábase o Corcubión no Cubaleiro no derbi ante un Cee de Carlos Pazos que non tiña piedade, e xa na primeira metade mandaba por 0-8.

 

Fisterra - Montelouro (3-3)

  • Campo: Ara Solis.
  • Fisterra: Kike, César, Cristopher, JF, Manu, Pichino, Dani, Pichino, Aarón, Asier, e Ezequiel. Tamén: Golpes, Ales e Sergio.
  • Montelouro: Joaquín, Caamaño, Antonio, Sergio, Jose., Adrián, Fran, Áxel, Ángel, Juan de Celia e Javier. Tamén xogaron: Luís e Bertín.
  • Goles: 0-1, m.7: Adrian de penalti; 0-2, m.15: Juan de Celia de falta: 1-2, m.30: Aarón; 2-2, m.44: Pichino; 2-3, m.76: Adrián á saída dun corner; 3-3, m.89: Pichino.

Bo partido en Ara Solis, moi igualado e con moita deportividade, entre dous equipos que nunca lle perderon a cara ao partido. O cadro loureán, aínda moi novo, mesmo con varios cadetes no 11 titular, foi por diante en dúas ocasións, pero non soubo rematar o partido e veu como o cadro fisterrán remontaba e era quen de empatar en dúas ocasións, a un minuto do descanso e a 1 minuto do final do partido, salvando un punto para os verdes.

 

Esteirana - Os Miúdos (4-2)

  • Campo: Xosé Luís Vara.
  • Esteirana: Álex, David, Chaki, David, Anxo, Alex (Dani), Rubén, Xián (Yeray), Pachi, Íker (Manuel) e Jaime (Fran)
  • Os Miúdos: Gabri, Isma, Xian (Miguel, m.85), Flavio (Toni, m.60), Anxo, Jose, Gesto (Abel, m.46), Manuel (Bruno, m.75), Javi, Xavi e Gael.
  • Goles: 0-1, m.17: Gael; 1-1, m.19: Xián; 1-2, m.22: Xavi; 2-2, m.31: Iker; 3-2, m.36: Jaime; 4-2, m.68: Iker.

Fermoso e moi igualado derbi muradán que comezaba con moito ritmo polas dúas partes, e un toma e daca de portería a portería. En menos de 20 minutos os afeccionados que foron ao Xosé Luís Vara viron 5 goles. Era o cadro muradán o que se adiantaba ata en dúas ocasións, pero os esteiráns reaacionaban eran quen de darlle a volta ao marcador antes do descanso, facéndose co control do partido e demostrando ser capaces de facer un bo fútbol por momentos.

Mediada a segunda metade, os visitantes comezaron a decaer fisicamente, e cometeron varios erros de posicionamento e falta de entendemento que soubo aproveitar o Esteiro para sentenciar.

 

1ª Xuvenil, Grupo Norte, xornada 2

 

Cabana - Baio (2-0)

Cabana e Baio nas Redondas-Foto-Cabana
  • Campo: As Redondas.
  • Cabana: Darío, López, Rubén, Gonzalo (Martín), Steven, Julián, Yago (Simón), Ferreiro, Alex (Kevin), Alberto (Veiga) e David (Roberto).
  • Baio: Cedrón, Queiro, Gavín, Sergio, Souto, David, Fuentes, Estefan, Regueira, Luís e Leal. Tamén: Julián, Javier Muíño, Miguel, Santi, Alex.
  • Goles: 1-0, m.25: Rubén Pipa; 2-0, m.41: Sergio Ferreiro.
Cabana-Baio-Foto-Cabana

Encontro intenso, moi igualado e moi físico o que se vivíu nas Redondas. Os baieses toparon cun equipo que coñece á perfección as dimensións e as características do seu campo no cal fan un xogo serio en ataque e contundente en defensa. O Baio trataba de neutralizar o xogo local e ese punto de calidade que ten o cadro cabanés en cada liña, cun xogo mais directo, ó cal non está aínda moi acostumado.

Pero os goles do encontro non procederon precisamente a través do xogo dinámico. Un despiste do meta Cedrón na blocaxe dun balón aéreo, e outro grupal nun córner defensivo déronlle a vantaxe no marcador ós locales para finalizar a primeira parte.

Tralo descanso a dinámica do partido baixou, xa que os cabaneses no tiñan presa e os baieses comezaban a sufrir a falta de rodaxe dalgúns recén incorporados ó equipo. Os xogadores de Fernando Mato sentíanse cómodos no campo e trataban controlar o partido con posesións largas e evitar contraataques. Desta volta a remontada non puido ser para o conxunto de Roberto Lozano, ás cales xa se estaban acostumando.

 

Sofán - As Pedreiras (2-2)

Imaxe do Derbi Sofan-San Lorenzo de xuvenis-Foto-San Lorenzo
  • Campo: O Carral.
  • Sofán: Christian, Borja, Diego Pallas, Alejandro, Alberto, Dani Padín, Eloy Cabeza, Brais Rey, Gabriel Mariño, David Dourado e Dani Bolón. Tamén xogou: Sergio.
  • San Lorenzo: Benjamín, Alex (Pablo), Andrade, Fidalgo, Kuki, Eloy, Jose, Iván (Ángel), Rubén (Alberto), Brais e Cotelo (Diego).
  • Goles: 1-0, m.38: Brais Rey; 1-1, m.49: Jose Pazos; 1-2, m.53: Brais Cancela; 2-2, m.58: Brais Rey.
Brais marcou o segundo para o San Lorenzo no derbi ante o Sofan-Foto-San Lorenzo

Primeiro derbi carballés da historia na categoría entre Sofán e San Lorenzo (As Pedreiras Xuvenil oficialmente) ante nada menos que 300 siareiros nas bancadas do Carral. E non defraudou o partido, cunha intensidade máxima e dous bos equipos que prometen tardes de bo fútbol aos seus afeccionados. Foi un resultado xusto tralo visto no terreo de xogo.

O partido empezou moi brusco, con algunha que outra chegada a gol. Avisaban os de Rudi Cotelo pero era o equipo de Javier Cabeza o que se metía por diante antes do descanso co primeiro tanto de Brais Rey.

Seguía o partido na segunda metade moi físico, cun fútbol moi directo. En apenas 10 minutos daba a volta o marcador o cadro das Pedreiras en dúas xogadas a balón parado pero de novo o Sofán refacíase e empataba o choque pouco despois.

Quedaba media hora, as forzas ían baixando, pero as chegadas seguían chegando polos dous bandos. Os visitantes dispuñan dun man a man que non soubo definir, mentres que os locais tiveron 3 ocasións claras nos últimos 10 minutos. A última xogada protagonizouna o visitante Jose que xa co tempo cumplido non atinou no man a man.

 

Coristanco - Laxe (9-0)

Plantel do Coristanco xuvenil
  • Campo: A Rocheira.
  • Coristanco: Alex, Espasandín, Álvaro, Sergio, Cristian, Carlos (David, m.73), Dani (Adrián R, m.69), Alex (Bryan m.68), Anido (Esteban, m.72), Iván e Castro.
  • Laxe: Anxo, Niko, Manu, Bruno, Enrique, Valentín, Dani, Samuel, Álvaro, Íñigo e Bieito.
  • Goles: 1-0, m.2: Anido; 2-0, m.17: Castro; 3-0, m.34: Castro; 4-0, m.47: Anido; 5-0, m.49: Espasandín; 6-0, m.55: Carlos; 7-0, m.60: Castro; 8-0, m.64: Anido; 9-0, m.73: David.

Chegaba o Laxe á Rocheira, con 10 e medio e sen porteiro, polo virus da Barca que fixo estragos no equipo de Toni. O Coristanco disfrutou, tivo boas sensacións e aproveitou a ocasión para probar novas cousas. Os laxenses ademais saían durmidos e aos dous minutos xa recibiran un tanto. A partir de aí, con balóns directos, a base de verticalidade e con moita fame de gol, o equipo de Eloy foi facendo dano á feble defensa visitante.

Acababa a primeira metade con 3-0, pero xa ao comezo da segunda, coa lesión do meta laxense, estes baixaban os brazos e recibían unha goleada.

 

Camariñas - Corme (1-3)

Camariñas-Corme xuvenil-Foto-Fin Lema
  • Campo: Hermanas Patiño.
  • Camariñas: Manuel, Pablo Mouzo, Brais Blanco, Daniel, Facundo (Josiño, m.64), Pablo Suárez, Alex, Joseba,(J.Francisco, m.84), Gabriel, Adrián, Álvaro.
  • Corme: Fran, Pandi, Ángel, Aitor, Javi, Bruno, Eloy, Manu Tasende, Cristian, Manu Bermúdez e Anxo. Tamén: Lucas e Noel, Garrido e Roque.
  • Goles: 1-0, m.33: Pablo Suárez de córner directo; 1-1, m.47: Manu Bermúdez remata un centro de Eloy; 1-2, m.72: Eloy a pase de Manu Bermúdez; 1-3, m.92: Eloy de novo a pase de Manu Bermúdez.
Manu Bermúdez, xunto a Eloy, un dos protagonistas do Corme-Foto-Fin Lema

Partido moi igualado o vivido en Camariñas con dous equipos que mereceron a vitoria. Comezaba mellor o cadro de Faus, tendo máis dominio ante un Corme que ten pólvora arriba. Adiantábase os locais na primeira cun gol olímpico de Pablo Suárez.

Pero saía o Corme decidido na segunda metade, e aparecía a dupla Manu Bermúdez-Eloy. Das súas botas saíron os 3 goles que daban a volta ao marcador, demostrando unha maior efectividade que os locais.

 

Zas - Ponteceso (0-6)

Plantel do Ponteceso xuvenil
  • Campo: San Andrés.
  • Zas: Hadrián, Dani, Lodi, Brais, Calo, Ismael, Cristian, Kevin, Adri, Álvaro e Andrés.
  • Ponteceso: Víctor, David, Iván Rodríguez, Aarón, Brais, Jorge, Iván Cousillas, Luca, Eloy, Aday e José Ángel. Tamén xogaron: Lucas, Damián, Pop, Loureiro e Ismail.
  • Goles: 0-1: Iván; 0-2: Jose Ángel; 0-3: Aday; (descanso); 0-4: Pop; 0-5: Eloy; 0-6: en propia porta.

Levou o peso do partido en todo momento o Ponteceso ante un Zas que aguantou a primeira metade. Pero estivo débil en defensa o cadro de Corredoira, que recibiu ata 4 goles a balón parado.

Na segunda, o Zas quedaba con 9 polas lesións de Dani e Brais, e quedou a mercé dun Ponteceso de Gurita que deixou unha gran imaxe en San Andrés.

 

Crónicas das Ligas Xuvenís

Máis información