700 escolares participarán na final comarcal de Cross no Conco
As instalacións do Conco, noo Concello de Dumbría acollerán a proba organizada pola Secretaría Xeral para o deporte en colaboración con este Concello, A.D. Escolar As Rías e A.D.D. do Barbanza
O xoves 9 de abril, ata as instalacións municipais do Conco desprazaranse 900 alumnos e alumnas destes centros educativos:
- CPI As Revoltas
- CEIP Ponte do Porto
- IES Terra de Xallas
- CEIP do Pindo
- CEIP San Vicenzo
- CEIP Plurilingüe Carnota
- CEIP do Mar de Fóra
- CEIP Virxe da Barca
- IES Eduardo Pondal
O alumnado competirá nas categorías benxamín, alevín, infantil e cadete, tanto masculino coma feminino. E poderá gozar dunha xornada que promove unha práctica deportiva, educativa e saudable, competindo nunha modalidade de gran tradición histórica en Galicia.
A proba disputarase nun entorno natural, propio dunha carreira de cross, situado na parte posterior das instalacións deportivas do Conco.
Esta proximidade facilita o acceso a servizos básicos de vestiarios, oficina técnica, pavillón deportivo e cafetería.
O circuíto elixido é a sede desde hai cinco anos da única proba de obstáculos que se celebra na comarca, que xa se converteu nun referente a nivel galego, o cross de obstáculos Terras do Vákner.