A Devesa da Lúa acollerá un ano máis a Festa da Familia de Dumbría
05 de xullo de 2013 (08:57 h.)
Un ano máis a Carballeira de Berdeogas, ou a "Devesa da Lúa", acolle a tradicional Festa da Familia. Un día para todo Dumbría, que será o domingo, 21 de xullo.
Como gran festa que é, gozarán do bo xantar ao aire libre, música, xogos para os nosos peques e do reencontro cos veciños... Ademais haberá misa ao aire libre, sesión vermú coa orquesta Suavecito, xogos infantís, charancha, moita música tradicional para que non pare a troula, e verbena completa pola noite con Suavecito e America.