5 feridos nun accidente múltiple no Ézaro
10 de xuño de 2025 (16:21 h.)
Tivo lugar este mediodía de martes un accidente de tráfico no Ézaro. Foi un accidente entre tres vehículos, provocando que un coche acabase envorcado.
5 persoas resultaron feridas e tiveron que de trasladadas ao Hospital Virxe da Xunqueira.
Participaron no operativo os Bombeiros de Cee, o 061, Garda Civil e Protección Civil.