O BNG de Dumbría presentou varias propostas para as obras do POS 2021
21 de xaneiro de 2021 (08:56 h.)
Son 13 os millóns que a Deputación deixa na Costada Morte a través do POS Único 2021. Medio millón vaia para Dumbría, que investirá 400.000€ en investimentos, ou gasto corrente.
E pensando nesas obras, o voceiro do BNG de Dumbría Xaime Trillo, lanza unha batería de propostas, recollidas das demandas veciñais:
- Arranxo da ponte de Val de Laxe (Bustelo).
- Tratamento das augas residuais en Sarteguas.
- Revisión e rebacheado da estrada de Alvarellos, no tramo de Alvarellos-Caforra.
- Valar a estrada de Santa Uxía, dende o mirador até o Ézaro.
Novas relacionadas
- O Plan Único 2021 da Deputación deixará máis de 13 millóns na Costa da Morte.
- O BNG de Dumbría recupera a actividade con Xaime Trillo como novo responsable local.