O Campo de Slalom de O Couquiño acolle este sábado 9 de maio a Copa Galega de Promesas de Slalom

O Concello de Dumbría volverá converterse esta fin de semana no referente do piragüismo galego coa celebración da II Competición Copa Galega de Novas Promesas de Slalom 2026, unha proba que reunirá no Campo de Slalom de O Couquiño, no río Xallas, a numerosos deportistas das categorías de base procedentes de distintos clubs de Galicia.

A competición disputarase o sábado 9 de maio a partir das 15:00 horas, nun escenario xa consolidado como unha das instalacións de referencia para a práctica do slalom en augas bravas.

A cita contará coa participación de mozos e mozas pertencentes a clubs como o Club CDM Piragüismo Dumbría, Club Deportivo Miño-Os Teixugos, Club Tea de Mondariz Balneario e Club Piragüismo Penedo-Teimporta, entre outros.

As probas desenvolveranse nas modalidades de C-1 e K-1, tanto en categoría masculina como feminina, e incluirán competicións para categorías infantil e cadete,

Desde a organización quérese destacar especialmente a implicación do Concello de Dumbría, cuxo apoio resulta fundamental para facer posible unha competición destas características, tanto a nivel loxístico como organizativo. Do mesmo xeito, cómpre agradecer a colaboración da empresa Xeal, que aporta o caudal de auga necesario para garantir as condicións óptimas do río Xallas e permitir a celebración da proba no Campo de Slalom de O Couquiño.