O Centro Social de Dumbría acolle a presentación da lista do BNG dumbriés
28 de abril de 2023 (10:47 h.)
Este sábado 29 de abril, ás 20:00 horas, terá lugar a presentación da candidatura do Bloque Nacionalista Galego de Dumbría. Será no Centro Social de Dumbría, e falarán Kuka Sar, tenente de alcalde de Fisterra,, Minin Rivas Cruz, deputado do parlamento de Galiza, e o candidato á alcaldía, Xaime Trillo.