Cheo na Fervenza do Ézaro
Moi difícil lembrar días nos que o Ézaro estivo tan extremadamente ateigado como esta Semana Santa, exceptuando as citas ciclistas. De punta a punta, os coches enchían a vila dumbriesa a calquera hora do día, creando longas colas para entrar e saír a través da estreita estrada, para intentar disfrutar dunha das meirandes atraccións da nosa Costa da Morte.
Cumplidos 6 anos dende a súa liberación, e 5 dende o primeiro paso de La Vuelta, a fervenza é xa o segundo punto máis visitado da comarca tralo simbólico Cabo Fisterra.
E esta Semana Santa a férveza dumbriesa volveu dar conta do seu potencial de atracción. A Oficina de Turismo do Concello non deu abasto, e se ben atendeu a máis de medio millar de turistas ao día, a xente que entraba na mesma só supoñen unha pequena porcentaxe de todos os visitantes.
https://www.facebook.com/CostaDaMorteGalicia/videos/1450705541640215/ https://www.facebook.com/quepasanacosta/videos/10155076515172177/A iluminación nocturna volveu ser un rotundo éxito, como o refrendan estas imaxes do venres Santo, que se repetiron igualmente o xoves e o sábado. Se non o vistes, ide apuntando as vindeiras datas.
Novas relacionadas
- 12-04-17: A Fervenza do Ézaro celebra os 6 anos de liberación coa iluminación nocturna.
- Marzo 2017: Importantes melloras para o acceso peonil á fervenza do Ézaro.
- Xaneiro 2017: O Turismo dumbriés medrou un 500% nos últimos 5 anos.
- 2014: A única fervenza, da península, que desemboca no mar.
- 2013: A cascada do Ézaro reafírmase como un dos meirandes atractivos turísticos da Costa da Morte.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).